Láncara acolle o sexto encontro do programa «Feminino Rural.Evolución», impulsado pola Deputación

• O Deputado de Promoción Económica e Social destacou que este proxecto, financiado integramente pola institución cunha achega de 40.000€, ofrece formación, acompañamento e asesoramento gratuítos a empresarias e emprendedoras a través da Asociación de Empresarias de Lugo (AELU)

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, o alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, e a técnica do proxecto, Úrsula Pérez. Foto (GPCM).

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, presentou o 21 de xullo na Casa do Concello de Láncara o programa «Feminino rural. Evolución», financiado integramente pola Deputación con 40.000 euros. A Asociación de Empresarias de Lugo (AELU) leva a cabo esta iniciativa que ofrece de balde formación, acompañamento e asesoramento personalizado a mulleres empresarias e emprendedoras do rural para mellorar ou lanzar os seus negocios.
“A Deputación aposta pola creación de emprego, especialmente dos mozos e mozas da provincia e ás mulleres, como un factor imprescindible para dinamizar a actividade económica e contribuir a fixar poboación no territorio”, sinalou Rivera Capón.
No evento participaron o Alcalde lancarés, Darío Piñeiro López, e a técnica do proxecto, Úrsula Pérez. Esta fase de presentación xa tivo lugar en varias comarcas lucenses.
“Espero que as mulleres que participen poidan sacarlle o máximo partido a esta iniciativa. Ese é o obxectivo co que a impulsamos dende a Deputación, porque beneficiará ás propias emprendedoras, os seus negocios e proxectos, e será positivo para o emprego e para a economía”, asegurou Rivera.
Trala primeira toma de contacto, cada comarca contará con 25 prazas para crear sinerxías e fomentar o intercambio de experiencias. Na segunda fase, participarán unha selección de empresarias e emprendedoras por comarca. En total, 35 persoas recibirán formación e asesoramento personalizados para mellorar o funcionamento e a competitividade, e abrir novos mercados ou novos negocios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Maika Makovski

Seguinte Nova

Presentación do libro «Achegas á simboloxía do Románico da Ulloa», de Xosé Lois García

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss