Maika Makovski

Unha das actuacións estelares do 17º Ribeira Sacra Festival

Onte arrincou unha nova edición do 17º Ribeira Sacra Festival, e correspondeulle a quenda a Alice Wonder quentar motores na Adega Vía Romana de Chantada, para unha festa musical que terá a súa continuación durante toda a fin de semana. Entre as actuacións programadas, teremos a ocasión de poder gozar do poderoso directo da polifacética Maika Makovski, un ciclón de sangue andaluz e macedonia, que presentará o seu sorprendente traballo discográfico MKMK. Será mañá sábado na Adega Regina Viarum. Compartirá escenario con outra das bandas estrela do Festival, a israelí Lola Marsh. A vocalista Yael Shoshana Cohen e o multiinstrumentista Gil Landau conforman a experiencia única e colorida que é Lola Marsh: unha banda formada en 2016 e rapidamente elevada dentro da escena grazas ao seu impresionante EP de debut, You’re mine. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

The Tetas’Van

Seguinte Nova

Láncara acolle o sexto encontro do programa «Feminino Rural.Evolución», impulsado pola Deputación

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: