O Pleno declara o deserto do procedemento de contratación do Servizo de Axuda no Fogar de Monforte

• No pleno aprobouse tamén unha proposta do BNG para a posta en valor do canal de regadíao do Val de Lemos

Foto EnComún

Había certa expectación polo pleno que se celebrou o pasado martes 26 no concello de Monforte, sobre todo pola presenza de numerosas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, todas elas ataviadas con camisetas reivindicativas, pois un dos puntos do orde día a tratar afectábaas directamente. O equipo de goberno aprobou no pleno a declaración de deserto do procedimento de contratación do Servizo de Axuda no Fogar, ademais da interposición dun recurso contra a resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Tacgal) de 9 de xuño. Ao mesmo tempo tamén se aprobou a iniciación dun novo procedemento de contratación.
No pleno, neste punto estableceuse un agrio enfrentamento entre o equipo de goberno e os diferentes partidos da oposición, especialmente co representante de Ësperta Monfote, ao reclamar unha subida do 6,5% para as traballadoras do Servizo. Desde o equipo de goberno fíxose fincapé que o seu deber é defender o interés público dos cidadáns, e a imposibilidade de atender as esixencias salariais solicitadas polo representante de Esperta Monforte.
O tono do debate entre Germán Vázquez e o alcalde José Tomé e outros membros do equipo de goberno como Ibán Torres o Gloria Prada, foi subindo de tono durante o pleno, en especial logo da moción presentada por Esperta Monforte para rebaixar un tramo do IBI para os próximos catro anos. Nesta moción, o portavoz de Esperta Monforte calificou de intoxicadores e mentirosos aos membros do equipo de goberno municipal, quenes tacharon a proposta presentada de populista e pouco traballada, sendo rechazada pola mayoría do pleno. Palabras grosas, reproches, xestos de superioridade e autocompracencia, deixaron por fin espacio para o encontro dun espacio común no que traballar, independentemente da cor política, coa moción presentada polo BNG para tratar de poñer en valor as posibilidades agrarias do canal de regadío do Val de Lemos. Emilio Sánchez, portavoz do BNG fixo fincapé na oportunidade neste momento para instar á Xunta de Galiza para que elabore un Plan de Recuperación de zonas con gran aptitude cerealista, aínda que son conscientes de que aspectos como as infraestruturas obsoletas, en parte sen rematar, e a ausencia dun proceso de concentración parcelaria da práctica totalidade da área afectada, fan inviable a súa explotación na súa actualidade. Tanto Esperta Monforte, como o Partido Socialista, foron receeptivos coa proposta, e aínda recoñecendo que as competencias eran da Xunta, e votaron a favor da proposta. Os concelleiros populares, pola sua parte, recalcaron o traballo que xa está a facer a Consellería de Medio Rural na comarca e abstivéronse nesta moción.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta aproba a implantación dun polo creativo e varias pistas multideporte na comarca de Sarria

Seguinte Nova

Presentan o Plan de Sostibilidade Turística da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: