Obras na pasarela do Malecón

Foto EC

Dende o 21 de xullo, a pasarela do Malecón de Monforte está cortada ao tráfico de peóns por mor das obras de reparación que realiza o Concello. As obras foran anunciadas en xuño polo alcalde, que xustificou as actuacións nesta ponte de madeira «debido ó estado actual de conservación, na que é necesario actuar en algunhas zonas deterioradas, especialmente as ferraxes de aceiro galvanizado situadas baixo o taboleiro e os acabados da madeira, que están en estado regular». Para esta actuación de mellora da Ponte do Malecón, o Concello destinou un orzamento de 48.387,90 euros.
As obras consistirán na comprobación e reparación dos elementos de unión das vigas, para subsanar o estado de oxidación dos elementos metálicos; a limpeza, lixado e lasurado de todas as pezas de madeira; e a reparación de grietas existentes nalgunhas pezas, coa aplicación de resina epoxi.
A pasarela foi construída en madeira laminada e colocada no ano 1.999, fai case 23 anos. .
O rexedor monfortino indicou que «decidimos actuar para evitar que se siga deteriorando a madeira e garantir a seguridade das persoas que pola ponte transitan todos os días”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Un total de 23 artesáns participarán en Monforte na 22ª edición de ArteLemos

Seguinte Nova

Javier Castiñeira: “Tomé xa fala incluso diante dos socialistas como ex presidente da Deputación, porque sabe que os lucenses non lle perdoan tantos e tan graves erros”

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: