Os obxectivos dos socialistas de Lugo son consolidar e gañar alcaldías, e manter a Deputación

• José Tomé Roca acusou ao PP de non ter nin unha soa idea para a provincia

O Secretario Xeral dos socilistas lucenses, durante o seu discurso ante o Comité provincial .
(Foto GCPSdeG).

PSdeG na provincia rematou o proceso de renovación dos órganos do partido coa constitución do Comité Provincial, no que o Secretario Xeral, José Tomé Roca, marcou uns “obxectivos realistas e ambiciosos”, de cara ás eleccións municipais do 2023. O líder socialista incidiu na súa intervención diante dos militantes que estes obxectivos, “pasan por acadar representación municipal en tódolos concellos da provincia, manter e reforzar as alcaldías actuais, sumar outras novas, manter e mellorar os resultados onde o partido non goberna e asegurar a continuidade dun Goberno de esquerdas e presidido por socialistas na Deputación de Lugo”. Para iso, explicou, está desenvolvendo un traballo estratéxico, planificado, coordinado, en equipo, en todos os concellos e partidos xudiciais, sobre o terreo, nas agrupacións, nos concellos, co tecido asociativo, para informar e para ser informados, ata chegar a maio de 2023 nas mellores condición e acadar os mellores resultados.

TRANSFORMAR A
ECONOMÍA E PROTEXER A MAIORÍA SOCIAL
O Secretario Xeral puxo en valor as medidas do Goberno de Pedro Sánchez. “Nada nos pode ser indiferente aos socialistas, estamos obrigados a tomar decisións, valentes e ambiciosas. Sabemos ben quen somos e que queremos, por iso coma sempre, as nosas prioridades son os traballadores e as clases sociais mais desfavorecidas”. Considera José Tomé Roca que nestes intres, o Goberno de Pedro Sánchez está gobernando para superar esta situación, e ao mesmo tempo para transformar a economía e protexer a maioría social do país. “E faino a través de medidas como as bonificacións de combustibles ou a rebaixa do IVE no consumo eléctrico, ou a recuperación do poder adquisitivo das pensións, coa suba dun 15% para as non contributivas, e a subida do Ingreso Mínimo Vital. E tamén coas axudas aos autónomos, parados, gandeiros, agricultores así como para os sectores da pesca ou o transporte”. Ademais diso, “aprobamos un novo imposto para as entidades bancarias e as grandes empresas enerxéticas. Becas complementarias, medidas para a limitación nos alugueres. E promovemos a reforma laboral a pesar da crise económica e enerxética para a creación e o mantemento do emprego, con iniciativas como a suba histórica no Salario Mínimo Interprofesional que pasou do 775 euros co PP, aos 1.000 euros actuais”.
O Secretario Xeral na provincia aludiu ao traballo que se está impulsando dende a Deputación de Lugo para responder ás necesidades da provincia. “Unha política de feitos e realidades afastadas dos xestos populistas do PP. Por unha banda, recuperamos a normalidade institucional, e estamos traballando cun bo ritmo de traballo elevado e constante”.

PRIORIDADE DAS POLÍTICAS SOCIAIS,
Remarcou que as políticas sociais son as prioritarias na súa folla de ruta “ás que lles adicamos máis dun tercio do orzamento. Outra clave segue sendo a cooperación cos concellos para que poidan ofrecer máis e mellores servizos, así como o apoio incondicional aos sectores produtivos da nosa provincia. E sen esquecer mellorar as nosas vías de comunicación, que son un factor esencial para mellorar a vida da xente, fixar poboación e dinamizar a economía e o emprego e facer competitivo ao territorio”.
Tomé Roca acusou ao PP de non ter nin unha soa idea para a provincia. “Están completamente alonxados da realidade desta provincia, das prioridades dos concellos e das demandas da veciñanza. E o que é máis grave, calan ante os recortes médicos, ante o peche dos centros educativos e ante o desmantelamento da nosa industria”, replicou. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Despídese de Chantada a mostra sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán

Seguinte Nova

Convenio entre Correos e Mancomunidade do Camiño Francés para promover os produtos da zona

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss