Presentación do libro «Achegas á simboloxía do Románico da Ulloa», de Xosé Lois García

A deputada Pilar García Porto repartiu exemplares do libro «Achegas á simboloxía do Románico da Ulloa» entre os asistentes á presentación. (Foto: GPDL)

O pasado 23 de xullo, tivo lugar a presentación do libro «Achegas á simboloxía do Románico da Ulloa», do escritor Xosé Lois García, editado polo Instituto de Estudos Ulloáns (IEU). O evento, que tivo lugar na Vella Igrexa de San Xoán, en Antas de Ulla, contou coa presenza de numeroso público e diversas autoridades.
A Deputación de Lugo adquiriu 500 exemplares deste libro que achega o románico da comarca da Ulloa a través de monumentos medievais que coexisten neste territorio. “Lugo, en especial o sur da provincia, conta cunha das maiores concentracións de románico rural de Europa e publicacións coma esta pon en valor e dá a coñecer este patrimonio que é recoñecido, en parte, como Ruta Transrománica grazas á institución provincial”, destacou a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, na súa intervención no acto celebrado en Antas. Na presentación tamén participaron o Director do IEU, Francisco Pardo; o párroco de San Xoán de Antas de Ulla, Javier Diéguez, e o historiador e escritor, Xosé Lois García.
A publicación conta con 46 edificacións, 10 Antas de Ulla, 16 en Monterroso e 18 en Palas de Rei, que a día de hoxe contan con simboloxía románica. Ademais, o Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, é o responsable da presentación do libro, destacando “o compromiso da Deputación co coñecemento como un xeito fundamental de poñer en valor o noso patrimonio”.
Ademais, García Porto recordou na presentación do libro de Xosé Lois García a importancia traballar por “un turismo de calidade, de experiencias, non masificado, de proximidade e sostible, que deixa un alto valor no territorio». A deputada lembrou que este tipo de turismo é «polo que apostamos dende a Deputación con diferentes accións, como este proxecto, ou coa posta en marcha de programas propios que encaixan co noso modelo de turismo e do que poden tamén gozar todos os públicos”.
A Deputación de Lugo forma parte da Ruta Transrománica, que está recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa e trátase dunha das principais rutas culturais paneuropeas. Está integrada por rexións de 9 países da Unión Europea -Austria, Alemaña, Francia, Italia, Romanía, Portugal, Serbia, Eslovaquia e España- e aglutina un conxunto de monumentos románicos, moitos deles declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Láncara acolle o sexto encontro do programa «Feminino Rural.Evolución», impulsado pola Deputación

Seguinte Nova

Galicia celebrou o 25 de xullo con ofrendas e manifestación

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: