Presentan o Plan de Sostibilidade Turística da Ribeira Sacra

• A zona contará cunha lanzadeira de Escairón á Praia da Cova, un manual de boas práticas para os visitantes, e unha web para coñecer a opinión de viaxeiros e veciños

Intervención da Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, na presentación do Plan de Sostibilidade Turística da Ribeira Sacra, na Praia da Cova (O Saviñao). Foto GPSubdelegación Goberno

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra vén de presentar as liñas xerais da segunda anualidade do Plan de Sostibilidade Turística deste territorio. Entre as 38 actuacións que contén o Plan para abordar en tres anos, incluirase un manual de boas prácticas para visitantes, unha plataforma de gobernanza participativa ou un autobús- lanzadeira que conecta Escairón coa Praia da Cova.
O Plan de Sostibilidade Ribeira Sacra ten un investimento total de 2 millóns de euros, repartidos en 3 anualidades. Está cofinanciado pola Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. A parte correspondente ao Consorcio achégana os concellos en colaboración coas Deputacións de Lugo e Ourense.
Segundo explicaron dende o Consorcio, o autobús-lanzadeira á Praia da Cova naceu como alternativa para a mellora da mobilidade e a redución do impacto ambiental derivado da elevada afluencia de vehículos na contorna do recurso, especialmente no meses do verán. O servizo entrou en funcionamento o pasado 1 de xullo e estenderase ata o 12 de setembro. O transporte conta con 20 prazas e é gratuíto tanto para visitantes como para veciños. Esta actuación supón un investimento de 15.000 euros.
Así mesmo, foi elaborado un manual de boas prácticas para visitantes, que consiste nun conxunto de recomendacións e consellos dirixido a aquelas persoas que se acheguen ao xeodestino, que contribúan a xerar e manter un turismo responsable e sostible en Ribeira Sacra. Ese manual será distribuido en formato impreso nas oficinas de turismo do xeodestino e estará a disposición no portal web do Consorcio.
Outra das medidas máis destacadas do Plan é a plataforma de gobernanza participativa, un espazo en liña onde as persoas residentes, empresarios, visitantes, asociacións e organismos poderán achegar o seu punto de vista no relativo aos proxectos do Plan e ao desenrolo turístico de Ribeira Sacra como destino.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Pleno declara o deserto do procedemento de contratación do Servizo de Axuda no Fogar de Monforte

Seguinte Nova

A Asociación Veciñal do Saviñao solicita a sinalización e mellora do acceso ao dolmen da Leira Rapada

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: