Rueda anuncia axudas directas para os damnificados polos incendios forestais

• Os socialistas solidarizanse cos afectados pola vaga de incendios e recoñecen a labor de tódolos efectivos implicados, e Pontón propón que se declare zona catastrófica o conxunto das áreas queimadas

A clase política e dirixente non foi allea ao drama que se viviu nos últimos días polos incendios forestais. Ademais do presidente da Xunta, Alfonso Rueda que se desprazou ata o centro de control na Pobra do Brollón, tamén seguiu de preto a evolución dos incendios o presidente do goberno central Pedro Sánchez e ata a zona afectada tamén se achego Ana Pontón, portavoz nacional do BNG tamén quixo coñecer de primeira man a situación.
Ademais, as medidas e demandas das diferentes forzas políticas non se fixeron esperar. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou que o Goberno galego habilitará axudas para os damnificados. “Hoxe aprobamos o decreto que permite iniciar todo o proceso administrativo para convocar axudas directas aos afectados polos lumes”, explicou Rueda. As axudas contemplan os danos persoais sufridos, no seu caso, así como os causados en vivendas e enxoval domésticos e tamén en instalacións complementarias. En concreto, en caso de vivenda habitual, concederase o 100% do custo da reposición ou reparación, tanto do edificio principal como das instalacións complementarias, cun máximo de 122.400 euros. Se era unha vivenda non permanente nin habitual, concederase cun máximo -neste caso- de 61.200 euros. Pola súa banda, desde o BNG demandan que as axudas para as familias cubran o 100% dos custes de recuperación da vivenda, “nin un euro menos” e solicitan a implicación de todas as administracións e a declaración de zona catastrófica ante un desastre ambiental, económico e social. Tamén denuncian a falta de medios e defenden un servizo de extinción e prevención totalmente público, profesionalizado e operativo os 365 días do ano.
E no PSdeG, . “Os socialistas lucenses queremos amosar a nosa profunda preocupación e tristeza por mor da vaga de incendios que sofre a nosa provincia, e queremos manifestar a nosa solidariedade, o noso afecto, e por suposto o apoio incondicional aos todos os veciños e veciñas afectados por estes lumes”. Así o dixo hoxe a Secretaria de Organización Provincial do PSdeG, Pilar García Porto, quen remarcou que nestes intres “a prioridade é salvar vidas e apagar os incendios que asolan a zona sur da provincia”.
Tamén quixo destacar a colaboración da Deputación de Lugo nas tarefas de extinción e denunciou as que considera evidentes deficiencias evidentes na prevención e na planificación dos incendios da nosa comunidade. Ao efecto sinalou que o PLADIGA (Plan de Prevención e Defensa contra los Incendios Forestais de Galicia 2022) foi aprobado o 26 de xuño. É dicir fai menos dun mes. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novo éxito dos padeeiros do Quxós

Seguinte Nova

Presentan o programa das Festas Patronais de Monforte de Lemos

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss