Un total de 23 artesáns participarán en Monforte na 22ª edición de ArteLemos

• A mostra organizada polo Concello desenvolverase na rúa Cardeal do 5 ao 9 de agosto

Presentación da 22ª Mostra ArteLemos, que terá lugar en Monforte do 5 ao 9 de agosto. Foto Montero.

Monforte de Lemos acollerá, do 5 ao 9 de agosto, a 22ª Mostra de Artesanía ArteLemos. A rúa Cardeal encherase coas creacións dos 23 artesáns participantes na edición deste ano, procedentes tanto da comarca de Lemos como doutros puntos de Galicia e de España. Na presentación, o alcalde de Monforte, José Tomé, explicou que este evento,»antesala das Festas Patronais da cidade», supón «un recoñecemento e promoción dos nosos artesáns».
O rexedor salientou que «tras dous anos de ausencia, dende o Concello volvemos a apostar decididamente por esta Mostra», evento ao que o Consistorio destinou un orzamento de 12.000 euros. “Con esta Mostra”, sinala o Alcalde, “contribuímos a dinamización dos oficios e dos produtos artesanais locais, o que nos serve tamén para reforzar a promoción turística tanto de Monforte, como da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra no seu conxunto”.
Dende o Concello precisaron que o obxectivo de Artelemos é achegar a artesanía local á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais: coiro, cestería, barro, olería, pintura, complementos, xoiaría, xoguetería, cerámica … En definitiva, unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade, xa que todos os artesáns participantes contan con acreditación profesional.
Na Mostra, que será inaugurada o venres 5 de agosto ás 11:30 horas da mañá e coa actuación do Grupo Municipal de Gaitas do Concello, ademais dos 23 stands adicados á artesanía, poderase ver en vivo a elaboración de pezas, con diversas demostracións ao longo dos días de duración do evento.
Tamén haberá diferentes obradoiros para cativos, como complemento á propia Mostra e que sempre acadaron un notable éxito entre o público asistente.
O Alcalde concluíu animando a “todos os monfortinos e monfortinas, así como as persoas que nos visitan, a que se acheguen a visitar esta 22 edición de Artelemos no Cardenal, e que se aposten polos produtos artesáns que alí se atoparán, que contan con todas as garantías de fabricación e de calidade”.

Programación Artelemos

Venres 5 de agosto:
10:00 h.- Apertura de Stands de venda. 11.30 h.- Inauguración oficial da 22ª Mostra Artelemos. Actuación Grupo Municipal de Gaitas. 12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González. 18:00 h.- Apertura de Stands de venda. 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Cestería para nenos e nenas. Artesá: Luisa Martínez. 20:30 a 22:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.
Sábado 6 de agosto:
10:00 h.-Apertura de Stands de venda. 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas. Artesá: Amparo Scrich. 18:00 h.- Apertura de Stands de venda. 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas. Artesá: Amparo Scrich.

Domingo 7 de agosto: 10:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Demostración de estampación “Cianotipia”. Artesá: Pilar Gonda. 18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Cianotipia para nenos e nenas. Artesá: Pilar Gonda.

Luns 8 de agosto: 10:00 h.- Apertura de Stands de venda. 12:00 a 14:00 h.- Demostración Obradoiro de Encaixe de palillos. Artesá: Sesé Vila. 18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Demostración Obradoiro de Encaixe de palillos. Artesá: Sesé Vila.
Martes 9 de agosto: 10:00 h.- Apertura de Stands de vend.a
12:00 a 14:00 h.- Demostración de Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López. 18:00 h.- Apertura de Stands de venda.19:00 a 21:00 h.- Demostración de Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López. 19:00 a 21:00 horas.- Obradoiro de Olería para nenos/as. Artesá: Otilia Arias. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia celebrou o 25 de xullo con ofrendas e manifestación

Seguinte Nova

Obras na pasarela do Malecón

A %d blogueros les gusta esto: