A artesanía enche as rúas de Monforte na 22ª edición da Mostra Artelemos

• As ventas da Mostra superaron ás da edición de 2019

Cando o día 5 de agosto a Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, inauguraba a XXII Mostra de artesanía Artelemos 2022, na que participaron 23 profesionais da artesanía, provintes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España, notábase no ambiente que esta edición ía ser exitosa. e agora, recentemente acabada, cando toca facer balance, o resultado non pode ser máis satisfactorio. Artelemos mostrouse como unha feira consolidada, un bo escaparate para os pequenos obradoiros artesanais que están a traballar dende o rural galego, e que gardan a identidade de oficios tradicionais conxugándoa con tendencias actuais. A Mostra conta co apoio do Concello Monfortino, que aporta 12.000 euros para a súa organización. O Alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada visitou a XXII Mostra de artesanía Artelemos 2022, durante a última xornada, logo de cinco días de exitosa actividade. Tras visitar os 23 stands que formaron parte da mostra, o Alcalde recolleu as valoracións dos artesáns participantes na mesma “e todos eles nos comentaron de que lles foi moi ben nos días de duración do certame e que levaron a cabo numerosas ventas”.
“As estimacións que facemos dende o Concello, e tras o que nos comentan os artesáns participantes, é que superamos as cifras da edición de 2019, tanto en número de público asistente como de ventas acadadas”, resaltou o Alcalde. Neste senso, o incremento estes días no número de turistas e de visitantes á cidade, contribúe á mellora dos datos acadados, con respecto a edicións anteriores.
En Artelemos 2022 participaron 23 profesionais da artesanía, provintes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia, como Vigo, Ourense ou Noia, e incluso de España, como Murcia. Os obradoiros dirixidos a nenos e nenas, tamén resultaron ser todo un éxito, pois en todas as xornadas superáronse o número de prazas ofertadas para os mesmos. “Boa mostra do éxito de Artelemos, logo de dous anos de ausencia, é que moitos dos artesáns xa se comprometeron a participar na vindeira edición de 2023”, concluíu o Alcalde.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Broche de ouro ao Camino Creativo
coa proxección de Valentina

Seguinte Nova

A Xunta acometerá a rehabilitación integral do Instituto Francisco Daviña Rey

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss