Remata o quinto campo de voluntariado no Castro de San Lourenzo

• Once voluntarios participaron no campo de voluntariado internacional apoiando os labores arqueolóxicos e comunitarios no castro de Cereixa

Fotos CAPB.

Ata o venres 12 de agosto desenvolvuse o campo de voluntariado no Castro de San Lourenzo na parroquia de Cereixa, A Pobra do Brollón.
Esta quinta edición, que se inciou o luns día 1 de agosto, contou coa participación de once voluntarios procedentes de diferentes puntos de España e México, que apoiaron os labores arqueolóxicos e comunitarios levados a cabo.

PROXECTO SAN LOURENZO
Trátase do quinto campo de voluntariado que ten lugar no castro, financiado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello da Pobra do Brollón. O campo prodúcese no marco do Proxecto San Lourenzo de arqueoloxía en comunidade.
O grupo de voluntarios recibiu formación nos diferentes aspectos da actividade arqueolóxica e co seu traballo colaboraron na oitava campaña de escavacións que se desenvolve no castro, dirixida por Xurxo Ayán.

ROMARÍA
Os participantes tamén traballaron na organización da Romaría de San Lourenzo, que se celebrou o pasado día 10 de agosto no propio xacemento.
Ademais das tarefas no Castro de San Lourenzo, os voluntarios aproveitaron parte do seu tempo na Pobra do Brollón para coñecer outros xacementos e elementos patrimoniais de Cereixa e do municipio.

APOIO AO TRABALLO ARQUEOLÓXICO
“É un pracer volver acoller os voluntarios e voluntarias do campo na Pobra do Brollón,” comenta o tenente de alcalde, Ricardo Rodicio. “O campo de voluntariado é un xeito de apoiar e dar a coñecer todo o traballo de arqueoloxía en comunidade que se está a facer dende hai anos no municipio, do que o Proxecto San Lourenzo é punta de lanza e referente”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Un verán moi seco, extremadamente
cálido e con baixas precipitacións

Seguinte Nova

O senegalés Gallas, nova fichaxe do Club Lemos

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss