CIG-Saúde Monforte denuncia a situación na que se atopa a Atención Primaria da Zoa Sur de Lugo

• Sinala que a Xerencia de Lugo, A Mariña e Monforte segue sen cubrir as ausencias dos profesionais sanitarios na Atención Primaria, e califica o que acontece nos Centros de Saúde de Monforte e Pantón como gravísimo

Vicente Vázquez, Secretario Local de CIG-Saúde, considera que o que acontece nos Centros de Saúde de Monforte e Pantón é gravísimo.
Foto EnComún.

Segundo Vicente Vázquez, secretario local de CIG-Saúde, a situación no que respecta a a atención sanitaria da comarca está a alcanzar uns niveis, que ao seu entender, merecen a cualificación de gravísimos. Segundo CIG-Saúde, a Xerencia de Lugo, A Mariña e Monforte segue sen cubrir as ausencias dos profesionais sanitarios/as na Atención Primaria que collen os seus permisos e vacacións, provocando sobrecarga de traballo nos compañeiros que quedan. A modo de exemplo, Vicente Vázquez sinala que o pasado venres 05/08/2022 no Centro de Saúde de Monforte había 5 médicos e un de reforzo de mañáns dos 12 facultativos/as que ten esta Unidade de Atención Primaria. Dous destes médicos,están xubilados dende hai tempo e non os cubriron.
O secretario local de CIG-Saúde informa de que os médicos de tarde xa non pasan consulta nesta quenda e foron pasados para as mañás para aliviar a situación de presión asistencial que había. Polas tardes hai dous e as veces tres médicos que fan prolongacións de xornada dos facultativos ausentes.
Según CIG-Saúde, os médicos do Centro teñen unha media de 70 pacientes diarios e os días que teñen prolongación de xornada poden superar aos 100, algo que consideran insasumible se se quere dar unha atención sanitaria de calidade. Esta situación vese agravada no verán, cando a poboación de Monforte pode achegarse aos 30.000 habitantes, o que xenera aumento das listas de espera na atención primaria. Vicente Vázquez declara que o venres 05/08/2022 se un paciente quería coller cita había unha lista de espera de mínimo dunha semana e máximo de dúas. ¿Qué están facendo os pacientes? Solicitando unha cita urxente no Servizo Administrativo ou marchan para Urxencias do Hospital ou ao PAC de Monforte, coa sobrecarga de traballo que iso supón para estes Servizos que xa están desbordados pola gran poboación que está a soportar o Distrito de Monforte.

A SITUACIÓN NO CENTRO DE SAÚDE DE PANTÓN
Según CIG-Saúde o Centro de Saúde de Pantón tampouco se libra. Hai dous médicos para atender a máis de 2.200 pacientes, máis todos os desprazados que hai nestas datas. Na segunda quincena de xullo e na primeira quincena de agosto mandaron sustituto polos facultativos ausentes pero na semana do 16 ao 19 de agosto vai quedar un médico só no Centro. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Dez anos rendendo tributo a Pink Floyd

Seguinte Nova

O PP de Monforte lamenta “o abandono do barrio do Casar por parte do Alcalde e o seu equipo de goberno”

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss