Cristina Muñoz, foi a gañadora da xornada de compras da campaña 60×1000 do ACES-CCU Sarria

• A súa nai Julia e o seu cuñado Albert gastaron os 998,01 € en case 57 minutos

A premiada foi Cristina Muñoz Rodríguez pero os encargados de realizar as compras foron a súa nai Julia e o seu cuñado Albert(Foto ACES).

O pasado sábado día 6 de agosto en torno ás 11 da maña, deu comezo a xornada de compras da novena edición da campaña 60×1.000, na que participaron 30 establecementos da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria.
A premiada foi Cristina Muñoz Rodríguez pero os encargados de realizar as compras foron a súa nai (Julia) e o seu cuñado (Albert). A ACES puxo á súa disposición un coche antigo que os acompañou durante todas as súas compras polos comercios de Sarria. Rodeados dunha reporteira e fotógrafo, Julia y Albert gastaron os 998,01 € en case 57 minutos, sobraronlles 3 minutos do tempo máximo establecido, para mercar.
Julia y Albert mercaron en 10 comercios, dos 30 participantes. En primeiro lugar dirixíronse a zapatería “CALZADOS GAYOSO” onde mercaron dous pares de zapatillas deportivas. O segundo comercio elexido foi “ELECTRONOVA” onde mercaron unha televisión e unha batidora. Posteriormente visitaron “LOS SUEÑOS DE UXIA”, onde mercaron dúas almofadas e unha botella para a nena da familia e aproveitaron para pasar pola “MERCERÍA LUCÍA” para mercar un bañador. Despois dirixíronse o comercio que lles deu a sorte, a “BRISSA SALON” onde mercaron varios tratamentos estéticos. Tras unha nova viaxe no espectacular coche que os trasladaba aos comercios, chegaron ata “MONCHO MODA” onde ás carreiras mercaron un polo e unhas chanclas; e continuaron pola “OPTICA MALECON” onde mercaron unhas gafas de sol. Era o momento de mercar algo para o mais pequeño da familia, para iso foron ata a xoguetería “JUGUETERÍA E PUERICULTURA 1, 2, 3…ESCONDITE INGLES” onde mercaron dous xoguetes. Ainda tuveron tempo de visitar a zapatería “CRIS ABAD” para coller unhas zapatillas e deixaron para o final a “SENAYO” onde levaron unha prenda de roupa.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP de Monforte lamenta “o abandono do barrio do Casar por parte do Alcalde e o seu equipo de goberno”

Seguinte Nova

Mieles Anta amosa a súa cara máis solidaria

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: