Dez anos rendendo tributo a Pink Floyd

Por Gonzalo L. Torres

Se vinte anos non é nada, como cantaba Gardel, dez tampouco é tanto, aínda que neste difícil mundo da música empeza a ser unha barbaridade, máis se temos en conta que Vera Lynn dedicanse a dar vida aos vellos temas de Pink Floyd, nun tempo perverso no musical, que parece dominado polo reggaeton. Pero os membros de Vera Lynn, vellos rockeiros do sur de Lugo, decidiron seguir na brecha e celebralo ao grande, cun concerto especial décimo aniversario, ao que nos convidan a acudir, pois ameazan con sorpresas sobre o escenario. Será o próximo 13 de agosto, ás 21:15 horas na Praza de España. Brindemos por dez anos máis. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Festival Trece Roeis en Pantón

Seguinte Nova

CIG-Saúde Monforte denuncia a situación na que se atopa a Atención Primaria da Zoa Sur de Lugo

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: