Festival Trece Roeis en Pantón

A terceira edición do Festival Trece Roeis traerá dous días de dinamización cultural e festiva dende Pantón. A cita, organizada pola Asociación Cultural 13 Roeis, amplíase este ano a dous días, cun amplo programa de actividades diversas durante os días 19 e 20 de agosto. Ademais da música, coa actuación dunha decena de grupos, o festival incluirá artesanía, literatura, viño e gastronomía en varios espazos.
No espazo Xacobeo 22, desenvolverase boa parte das actividades do programa, cos concertos no escenario Mahou 5 Estrellas, o xantar popular, a zona de foodtrucks e o bar. No mesmo ámbito desenvolverase a feira de artesanía e as presentacións literarias de Clara Vidal e Daniel Asorey. No mesmo entorno, habilitarase o espazo infantil e a zona de acampada, dotada con duchas, espazo para furgonetas e campers.
Por outra banda, no Mosteiro do Divino Salvador habilitarase un espazo do festival para as catas de viños, coa participación de 25 adegas da D.O. Ribeira Sacra, tres das cales colaboran tamén no patrocinio do festival Trece Roeis. Neste entorno situarase o espazo serán, con varios concertos e pasarrúas.
Na presentación do evento, realizada a comezos de agosto no Pazo de Ferreiroá, o representante da organización, Miguel García destacou que o Festival Trece Roeis «é un referente no eido dos festivais» por aglutinar música con actividades diversas. Pola súa banda, o alcalde de Pantón, José Luís Álvarez, lembrou a traxectoria deste festival «que ano tras ano aumenta a calidade e a oferta de actividades, e que axuda a difundir o nome de Pantón e da Ribeira Sacra».Asimesmo, a deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González, destacou o impacto positivo na economía local deste festival, co que a Deputación colabora cunha achega de 5.000 euros.
O venres 19, o Festival Trece Roeis contará coas actuacións de El Drogas, Herdeiros da Crus, Guezos, MJ Pérez, O’Leo de Matamá, Searas e Cabodano. O sábado 20 actuarán Boikot, Lágrimas de Sangre, A banda da loba, Festicultores Troupe, Liviao de Marrao, Breocáns, Zeltia Irevire, Paco Nogueiras, Muy Montes, Baturruka, DJ Maceda, DJ Xan e DJ Xosé. •

O alcalde de Pantón, José Luís Álvarez, na presentación do Festival Trece Roeis, durante a intervención do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Foto Concello de Pantón

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

XVII Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

Seguinte Nova

Dez anos rendendo tributo a Pink Floyd

A %d blogueros les gusta esto: