Máis de 4,2 millóns de euros para impulsar os produtos agroalimentarios galegos de calidade diferenciada

• Son axudas á nova participación de produtores en réximes de calidade, á promoción das producións galegas de calidade diferenciada e das dirixidas a consellos reguladores para gastos de funcionamento e control

Dentro das actividades subvencionables, entrarían as campañas publicitarias e outras accións como catas comentadas, degustacións, presentacións públicas, feiras ou exposicións. Foto GPXG..

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar o pasado oito de agosto catro resolucións de axudas da Axencia Galega da Calidade Alimentaria. En total, supoñen o investimento por parte da Xunta de máis de 4,2 millóns de euros, para impulsar a nova participación de produtores en réximes de calidade e a promoción das producións galegas de calidade diferenciada, así como para contribuír a garantir o funcionamento e os programas de control dos consellos reguladores dos distintos selos de calidade. Atendendo ao importe das achegas concedidas, destacan as dirixidas a agrupacións de produtores para a realización de actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada. Así, neste caso contabilízanse 53 beneficiarios de preto de 3,1 millóns de euros en subvencións. Subvenciónanse actuacións que teñan como finalidade inducir ás persoas consumidoras a adquirir produtos con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida ou de produción ecolóxica En segundo lugar, sitúanse as axudas aos consellos reguladores para gastos de funcionamento no exercicio 2021. En concreto, nesta convocatoria repartíronse 600.000 euros entre un total de 25 consellos reguladores. Asemade, destínanse aos consellos reguladores, neste caso a un total de 16 entidades, outros preto de 370.000 euros para que leven a cabo os seus programas de calidade agroalimentaria. Por último, cabe mencionar as axudas á nova participación de produtores en réximes de calidade, tamén do pasado ano 2021. Nesta convocatoria o número de beneficiarios ascende a 711 e o importe distribuído achégase aos 170.000 euros. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Fernando Hernández presentou a súa novela Gotas de esperanza

Seguinte Nova

29 Semana Internacional de Cine de Chantada

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: