
Mieles Anta, ademáis de ser unha das máis galardonadas internacionalmente pola calidade dos seus produtos, vai colaborar co Concello de Folgoso do Coruel, no lanzamento dunha campaña para axudar a paliar os danos ocasionados pola vaga de lumes do mes de xullo no sector apícola. Así, aproveitando a campaña ‘Apadriña unha abella’ da empresa con sede en Bóveda, recadarase unha contía de 15 euros por apadriñamento dos que 2 se destinarán aos apicultores do Concello de Folgoso do Courel.
A cantidade recadada destinarase a axudar a todas aquelas persoas relacionadas co sector apícola que se viran afectados polos incendios forestais deste verán. Os que desexen sumarse a esta iniciativa apadriñando unha abella recibirán como agradecemento un diploma acreditativo co seu nome e o que escolla para a súa abella, xunto con un tarro de mel de montaña Mel da Anta de 270gr, un tarro sorpresa e un pau mieleiro..•