Miguel Induráin foi a autentica estrela da segunda edición da Ancares Cycling Marathon

Foto GPVDL.

A Ancares Cycling Marathon, organizada polo Club Ciclista Cidade de Lugo co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, celebrouse o pasado día sete de agosto no recinto do mercado gandeiro de Pedrafita do Cebreiro, coa saída dos participantes nos tres percorridos. Os itinerarios, con paso por estradas de Cervantes, Becerreá, Navia de Suarna e As Nogais, culminaron no Cebreiro, onde as chegadas á meta se sucederon desde as 12.30 horas.

Resultados e tempos

  • Gran Fondo (128 quilómetros)
    1º: Marco Rodero Prada. Tempo Oficial 4:27:32.
    2º: Alberto Fernández Claro. Tempo Oficial 4:47:35.
    3º: Iván Raña Fuentes. Tempo Oficial 4.44.08.
  • Medio Fondo (100,7 quilómetros)
    º: Juan Luis López de Guerreñu. T. Oficial 3:42:20.
    2º: Alberto González. T. Oficial 3:47:50.
    3º: Jorge García Liñeira. T. Oficial 3:53:54.
  • Mini Fondo (45 quilómetros)
    1º: Chema Quintián Agrafojo. T. Oficial 1:54:51.
    2º: Javier Ángel Gómez Arias. T. Oficial 1:59:39.
    3º: Carlos López Gutiérrez. T. Oficial 2:14:27.

PROXECTO CONSOLIDADO
O deputado de Deportes Efrén Castro valorou a segunda edición da Ancares Cycling Marathon, que se disputou este domingo nas estradas dos Ancares, como a “consolidación dunha proba que proxecta a comarca como escenario ideal para o ciclismo afeccionado e de competición”.

MIGUEL INDURÁIN, UNHA LENDA DO CICLISMO
O responsábel provincial agradeceu “a presenza na proba de Miguel Induráin, unha lenda do ciclismo que coa súa participación contribúe a reforzar un evento polo que apostamos desde o inicio co obxectivo de aproveitar a crecente afección ao ciclismo para contribuír ao impulso turístico dos Ancares”.
Tamén valorou a participación na proba, “con medio milleiro de ciclistas anotados, nun ano no que a axenda deste tipo de probas é moi ampla, ao recuperarse todas as citas que foran suspendidas pola pandemia”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober foi a capital do Futbol Sala

Seguinte Nova

Verbenas, concertos e espectáculos de rúa nas Festas Patronais de Monforte

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: