O PP de Monforte lamenta “o abandono do barrio do Casar por parte do Alcalde e o seu equipo de goberno”

Katy Varela faise eco das queixas dos veciños do Barrio do Casar, polo perigo que supón a presenza de vallas mal sinalizadas no medio dunha intersección. (Foto GPPP).

O PP de Monforte lamenta “o abandono ao que somete o alcalde e o seu equipo de goberno ao barrio do Casar”. Así o manifestou, Katy Varela, resaltando o descontento dos veciños debido ás estradas do barrio mal asfaltadas, ao perigo que supón a colocación de vallas no medio dunha intersección e á falta de desbroce en moitas fincas da zona. A popular denuncia casos “como é o da rúa Poeta Fiz Vergara que presenta un moi mal estado do asfalto e que, polo tanto, impide a correcta circulación. Resulta curioso tendo en conta a obsesión de Tomé e o seu goberno co asfalto”. Condena que “para o goberno do señor Tomé haxa veciños de primeira e veciños de segunda”. Varela engade que “cada vez que se fan obras para reparar as roturas nas tubaxes da auga que, por desgraza son moi frecuentes na nosa cidade, o asfalto queda sen arranxar». A voceira considera que “este é un exemplo do abandono total por parte do goberno de Tomé” e o “resultado de non percorrer as rúas da cidade enon fixarse nas necesidades reais que teñen os veciños”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

CIG-Saúde Monforte denuncia a situación na que se atopa a Atención Primaria da Zoa Sur de Lugo

Seguinte Nova

Cristina Muñoz, foi a gañadora da xornada de compras da campaña 60×1000 do ACES-CCU Sarria

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss