O Xeocampamento do Courel puxo fin á serie de minicampamentos «Coñece Galicia»

• Boa acollida da terceira edición desta iniciativa de lecer
que a Xunta puxo en marcha no verán para rapaces e rapazas de 10 a 14 anos

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coa alcaldesa de Folgoso, Lola Castro, visitou aos participantes no Xeocampamento do Courel. GPXG

A finais de agosto, rematou a serie de trece minicampamentos do programa «Coñece Galicia», que a Xunta deseñou como opción de lecer na natureza para rapaces e rapazas de 10 a 14 anos.

UNHA VINTENA DE RAPACES NO COUREL
Unha das últimas actividades deste programa autonómico, que xa chegou á súa terceira edición, desenvolveuse no municipio de Folgoso do Courel. Neste emprazamento, un grupo dunha vintena de mozos e mozas participou no programa «Xeocampamento», destinadas a afondar no coñecemento da contorna natural do Courel.

CON RUTAS A ENCLAVES DE INTERESE NATURAL
Dende o 29 de agosto ata o 2 de setembro, os participantes realizaron diversas rutas a lugares como o museo xeolóxico de Montefurado, ao Val das Mouras, á Devesa da Rogueira ou ao museo das Covas.

AFONDANDO NA NATUREZA A TRAVÉS DOS XOGOS
Tamén desenvolveron xogos para coñecer a natureza do Courel como xincanas e actividades cos monitores, así como outras pola noite para ver as estrelas.

«BOA ACOLLIDA»
A finais de agosto, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou a zona para coñecer a experiencia que estaban a vivir os participantes no Xeocampamento. Pichel puxo en valor a «boa acollida» que tivo esta edición dos minicampamentos, que ademais de impulsar unha programación de lecer para as mozas e mozos de entre 10 e 14 anos, permitiron dinamizar establecementos hostaleiros nos que tiveron lugar durante os meses de verán. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP lucense denunciou «o claro incumprimento» da Deputación co complexo turístico de Augas Mestas

Seguinte Nova

EXPOSICIÓN: O PODER DA PALABRA

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss