“Non se debe alarmar á xente”, asegura o Alcalde de Pantón respecto dos últimos incendios

O municipio de Pantón padeceu no que vai de verán dous incendios provocados, un a mediados de agosto en Frontón e outro esta pasada fin de semana en Santiago de Cangas. O alcalde, José Luis Álvarez, asegura que non chegou a haber perigo real porque os medios controlaron o lume a tempo, “Creo que somos afortunados porque contamos con tres ríos, creo que ningún concello próximo dispón de tantas balsas de auga como temos en Pantón. Un helicóptero pode cargar no Miño e no Sil, pode cargar nas balsas de viñedos que teñen millóns de litros, pode cargar no balneario. Onde foi o incendio estaban as balsas de Rosende que foi onde cargaron. Poden cargar na Torre de Vilamirón con 300.000 litros de auga e está sempre cheo ou na piscina municipal onde tamén poden cargar os helicópteros. As carrocetas poden cargar na Santa Mariña, A Torre, Budián, Pantón, Vilar de Ortelle e 3 en Tuiriz, no monte de Ferroedo e no antigo campo de fútbol.”
O rexedor insiste en que non houbo perigo porque hai suficientes bolsas de auga e non unha soa opción de carga, como sinalan desde o BNG. “Non se debe alarmar á xente demostrando descoñecemento sobre os recursos de auga que temos no municipio para a extinción de incendios. En canto a prevención facemos o que nos corresponde como concello, limpamos as cunetas na primavera e enviamos comunicacións para que a veciñanza manteña limpas as súas fincas”, conclúe José Luis Álvarez.

RESPOSTA DO BNG
Dende o BNG de Pantón discrepan da visión do Alcalde, e fan unha análise crítica coas mesmas: “as declaracións son sempre as mesmas. ‘Os lumes son intencionados’, e iso soluciona algo? Ou a prevención e cumprir e facer cumprir a lei señorías do goberno municipal e autonómico? Rozar que lles parece? E vixiar e cumprir coas faixas de seguridade? Que tal se ordenamos o territorio e planificamos poñendo puntos hidrantes nas parroquias con maior masa forestal e non un só en Ferreira para todo o concello?”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

EXPOSICIÓN: O PODER DA PALABRA

Seguinte Nova

Desde a Secretaria de Acción Sindical de CCOO ven con preocupación os datos do paro do mes de agosto

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: