A mostra sobre os 50 anos da casa-museo de Rosalía de Castro fixo parada en Sarria

A exposición “A Casa de Galicia”estivo na Praza da Vila de Sarria ata comezos de setembro. GPVDL

Dende o 22 de agosto e ata o 5 de setembro, estivo exposta na Praza da Vila de Sarria a mostra “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía”, que conmemora o medio século da apertura como museo da Casa da Matanza de Padrón.
A exposición recolle a historia da adquisición, restauración e musealización da vivenda na que a escritora pasou os últimos anos da súa vida. A Casa-Museo inaugurouse como tal en xullo de 1971, tras case tres décadas de traballo impulsado por personalidades do galeguismo, que tivo o apoio de milleiros de persoas a título individual e tamén de institucións de Galicia e da emigración. A mostra estivo planteada cun formato itinerante que reproduce distintas estancias dunha casa.
A exposición “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía” está promovida pola Fundación Rosalía de Castro, e a súa instalación en Sarria formou parte do programa de itinerancia que impulsa a Vicepresidencia da Deputación de Lugo polas distintas comarcas da provincia.
O obxectivo da programación itinerante que desenvolve a Vicepresidencia do organismo provincial céntrase en divulgar e poñer en valor a obra de Rosalía de Castro, que inclúe representacións teatrais e intervencións artísticas en diferentes localidades da man de asociacións e centros educativos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As casas-niño de Samos e Triacastela facilitan a conciliación ás familias do rural

Seguinte Nova

Bóveda disporá de case 240.000 euros para impulsar un viveiro industrial

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: