A Xunta axudará con 300.000 euros aos concellos para que auditen as súas redes de saneamento

• A Xunta calcula que a porcentaxe media de infiltracións nas redes de saneamento se atopa no entorno do 40-50% do caudal circulante, podendo incluso, nalgúns casos, chegar ata o 90-95%

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo un encontro co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. Foto GPXG..

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, achegouse ao concello de Sober coincidindo coa publicación no Diario Oficial de Galicia, da primeira convocatoria da liña de incentivos da Xunta aos concellos para a realización de auditorías nos seus sistemas de saneamento.Vázquez Mourelle destacou o carácter esencial das auditorías, que permiten detectar as eivas das redes de saneamento e programar actuacións que leven á súa emenda, e incidiu na urxencia de identificar e atallar eses problemas para coidar máis a auga, “un ben finito e cada vez máis escaso”, remarcou.
Subliñou que ter en perfectas condicións as redes municipais de saneamento é esencial para garantir a calidade da auga dos ríos e acuíferos, e con esta liña de incentivos a Xunta quere, unha vez máis, axudar aos concellos neste cometido.
Trátase, indicou a conselleira, de contribuír a que as entidades locais poidan identificar os problemas das súas redes de saneamento, as principais entradas de augas brancas que teñen nos seus sistemas de depuración ou os puntos de alivio.
Explicou que destas axudas poderán beneficiarse os municipios de ata 50.000 habitantes. Eses incentivos subvencionarán o 80%, cun límite de 15.000 €, os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2022 destinados á elaboración de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións. A conselleira abundou que se porá á súa disposición un modelo de auditoría e protocolo de inspeccións das redes de saneamento, así como recomendacións para a súa realización.
Segundo dixo, este apoio vese reforzado grazas á Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga que acaba de entrar en vigor o pasado 1 de setembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Inaugurada a exposición “Castelao grafista (facsímile)” na sede de Afundación en Monforte

Seguinte Nova

Xa está aberto o prazo de solicitude das axudas do concello de Monforte a Asociacións para actividades desenvoltas no ano 2022

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: