Adxudicadas as obras da pista multideportiva do CEIP Rosalía de Castro en Bóveda

A finais de agosto, o Concello de Bóveda adxudicou á empresa Sport Equipalia SLU o contrato de obras de execución dunha pista multideporte no centro educativo CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro, por un importe de 79.858 euros. O prazo de execución é de dous meses.
Segundo informaron dende o Concello, a obra conta cunha subvención da Xunta destinada a entidades locais para actuacións de adecuación das pistas multideportes nos centros de educación infantil e primaria e nos centros públicos non universitarios. A subvención supón o 85% do custo total das obras.
A instalación proxéctase dentro do recinto educativo, nunha superficie verde moi ampla onde os escolares saen a xogar en horario lectivo.
O proxecto enmárcase dentro do obxectivo do Concello de Bóveda de mellorar as instalacións deportivas de cara a promover unha vida saudable entre o alumnado e outros posibles usuarios do municipio. Así, preténdese converter ao colexio nun espazo polifuncional para practicar alomenos cinco deportes, cun uso polivalente dentro e fóra do horario escolar. (Infografía: GPCB)•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda disporá de case 240.000 euros para impulsar un viveiro industrial

Seguinte Nova

Sentida e merecida homenaxe a Aida Menéndez

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: