Os municipios de Triacastela e Samos dispoñen de cadansúa casa-niño coa que facilitan a conciliación da vida familiar e laboral. Estas instalacións recibiron recentemente a visita do director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, quen puxo en valor este tipo de servizos para impulsar a vida no rural.
Durante a súa visita ás casas niño de Samos e Triacastela, o responsable autonómico salientou que estas pequenas escolas infantís son 100% gratuítas para as familias. Así mesmo, Rey apuntou que as casas-niño permiten crear recursos de conciliación e atención á infancia nos municipios menos poboados de Galicia.
O pasado mes de xuño publicouse unha nova orde no Diario Oficial de Galicia co aumento destes centros infantís, elevando a 440 as prazas dispoñibles en toda a Comunidade para nenos de 0 a 3 anos. Os responsables autonómicos salientaron que esta cifra supón a creación desde o ano 2016 dun total de 93 centros, dos cales 23 están na provincia de Lugo.
Durante a súa visita á comarca de Sarria, Jacobo Rey lembrou que Galicia é un lugar máis cohesivo e familiar gracias á creación das casas-niño, ao fomentar a igualdade de oportunidades entre o rural e a cidade. Ademais, o director xeral de Familia apuntou que estes centros permiten crear recursos de conciliación naqueles lugares onde non existía.•
Últimas noticias sobre SERVIZOS
O Concello de Sarria vén de recibir a confirmación dunha importante subvención do Instituto para a
Dende o Concello de Monforte informan da posta en marcha dun dispositivo especial de tráfico co
Haberá presenza da Policía Nacional, Garda Civil, Emerxencias, Protección Civil, Bombeiros e Policía Local A Sala
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou a publicación no Diario Oficial de Galicia