Bóveda disporá de case 240.000 euros para impulsar un viveiro industrial

Imaxe de arquivo do polígono industrial de Bóveda. Arquivo EC

óveda dará un novo impulso á actividade económica grazas a unha liña de achegas da Xunta. O Executivo autonómico vén de resolver un paquete de axudas por valor total de 1,86 millóns de euros, para a creación de sete viveiros industriais no conxunto de Galicia. A partida, canalizada a través da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, suporá un investimento total de 2,3 millóns de euros.
Neste programa, Bóveda obterá 239.999 euros para un viveiro de 661,83 metros cadrados, que se dividirá en catro despachos, zonas de servizos comúns e un taller de formación práctica. A axuda recibirase repartida ao 50% en dúas anualidades.
Os outros concellos galegos beneficiados con estas aportacións da Xunta son Cospeito, que tamén recibiu axudas para a mellora do parque empresarial, e Baleira, na provincia de Lugo, e os municipios de A Veiga e o Carballiño na de Ourense. Na provincia de Pontevedra, haberá unha achega para o concello de Dozón, e outra para o municipio coruñés do Val do Dubra, ao que se lle concedeu ademais apoio na orde de parques empresariais.
Segundo explicou a secretaria xeral de Industria, Paula Uría, estas infraestruturas contribuirán a “favorecer a implantación inicial e consolidación de empresas nos concellos beneficiarios”. Uría, que subliñou que conseguiron a axuda todos os concellos emprendedores que a solicitaron, explicou que suporán un “apoio importante para novos empresarios durante as primeiras etapas de actividade e para a implantación de empresas”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A mostra sobre os 50 anos da casa-museo de Rosalía de Castro fixo parada en Sarria

Seguinte Nova

Adxudicadas as obras da pista multideportiva do CEIP Rosalía de Castro en Bóveda

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss