Club Lemos e SD Sarriana arrincan a tempada co ascenso a Terceira no punto de mira

Imaxe dun recente partido amigable do Club Lemos, coa segunda equipación homenaxe aos vellos uniformes do Lemos.

O tempo pasa moi rápido, dá a sensación de que os afeccionados lemistas e sarriáns aínda paladean o sabor agridoce da pasada campaña, cando despois de completar unha brillante primar fase, non foron capaces de conseguir o ansiado obxectivo do ascenso de categoría. Con todo, xa estamos en setembro, pasou todo o verán, e de novo arrinca unha nova tempada para os dous representantes do fútbol do sur de Lugo, que afrontan de forma ben distinta. Os lemistas estrean adestrador. Josito foi o elixido pola directiva que preside Óscar López para que se encargase da parcela deportiva, unha aposta arriscada por un histórico xogador que viviu a última época dourada do Club, na confianza de que sexa capaz de transmitir desde o banco toda a enorme sapiencia futbolística que tiña como xogador. Pero a tarefa non será sinxela, o equipo sufriu baixas importantes, e chegaron ata sete novos xogadores, polo que o rendemento do equipo será unha incógnita, a pesar de que no último partido disputado en Chantada deixou boas sensacións.
Fronte á incerteza que rodea ao proxecto do Club Lemos, a SD Sarriana apostou pola continuidade e mantén o grupo de xogadores diferenciais do equipo do pasado ano e as novas incorporacións son de calidade. O seu obxectivo é claro, levar ao equipo a Terceira División. Sen dúbida, por plantilla, son un dos principais candidatos ao ascenso. Con todo, desde o club da Ribela, queren ser prudentes, pois son coñecedores de que este ano, a categoría será moi dura, con rivais da talla do Boiro, Ordes, Betanzos ou Noia.
Os dous equipos comezan a liga a domicilio. Os lemistas visitan ao Fisterra, un equipo duro, sobre todo na súa casa, que a pasada campaña disputou a fase de ascenso, e que vén de gañar a supercopa da Costa e do Sar e que presenta como novidade exótica, a incorporación de dous xogadores exipcios Ibrahim e Islam. Pola súa banda, a SD Sarriana rende visita esta primeira xornada ao Unión de Rianxo, equipo recentemente ascendido, e que a priori, parece ser unha boa oportunidade para arrincar a primeira xornada con victoria. O Unión manexa un dos orzamentos máis baixos da categoría. Con todo, o pobo está envorcado co equipo, e espérase moita expectación no o Campo de Vilas o vindeiro sábado ás 18 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Nova fichaxe do Club Baloncesto Chantada

Seguinte Nova

O escritor Xabier Quiroga Díaz será o encargado do pregón da primeira edición da Festa da Vendima

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss