Desde a Secretaria de Acción Sindical de CCOO ven con preocupación os datos do paro do mes de agosto

• O número total de desempregados nas comarcas de Lemos, Chantada, Sarria e Quiroga ascende a 3.023

Imaxe de arquivo de Mario Docasar, Jose Luís López e Ramón Alberto Pacín, da executiva de CCOO Industria Lugo.

A Secretaria de Acción Sindical de CC OO Lugo ve con preocupación os malos datos do paro do mes de agosto, ao aumentar o número de desempregados nas comarcas de Lemos, Quiroga, Chantada e Sarria en 18 persoas cun total de parados de 3.023 ao final da etapa estival.
Desde o sindicato, amosan a súa preocupación, especialmente polo aumento en case un 8% no concello de Quiroga.
Mario Docasar, Secretario de Acción Sindical de CCOO Lugo, augura un outono «quente, xa que a esta desaceleración da creación de emprego súmanse unha inflación do 10, 4%, así como un bloqueo da negociación colectiva sendo a parte positiva a contratación indefinida ao pasar de ter un 10% dos devanditos contratos ata chegar o 40% de indefinidos».
Por outra banda, desde CCOO informan de que se viron na obrigación de levar a cabo diversas denuncias perante o xulgado do Social, e a Inspección de Traballo «ante as abusivas prácticas de varios empresarios do sector servizos aos que catalogan como ovellas negras por facer prácticas que vulneran a lexislación vixente, ao despedir no período de proba a traballadores sen pagarlle os salarios dos días traballados, (despois de realizar xornadas maratonianas de 12 e 14 horas) algo que están a utilizar nos últimos meses, estes mal chamados empresarios».
Desde CCOO insisten en reclamar «á Inspección Provincial que chame á orde a estas ovellas negras e erradique estas malas artes desta minoría que mancha o bo nome da clase empresarial das comarcas do Sur lucense». Con todo, Mario Docasar, Secretario de Acción Sindical de CCOO, confía que setembro sexa un mellor mes para o emprego como consecuencia da campaña da Vendima.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

“Non se debe alarmar á xente”, asegura o Alcalde de Pantón respecto dos últimos incendios

Seguinte Nova

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu de forma telemática á Conferencia sectorial de Enerxía

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss