Expostos en San Marcos os retratos dos tres últimos expresidentes da Deputación de Lugo

De esquerda a dereita, retratos de José Ramón Gómez Besteiro, Elena Candia e Darío Campos. GPDL

A sede da Deputación de Lugo expón dende finais de agosto os retratos dos tres últimos expresidentes do organismo provincial. O corredor que dá acceso ao salón de Plenos desta institución acolle os retratos de José Ramón Gómez Besteiro, Elena Candia López e Darío Campos Conde, realizados polo pintor monfortino Roberto González.
A incorporación destes cadros foi iniciativa do actual presidente, José Tomé Roca, dando continuidade á serie de media ducia de retratos dos mandatarios provinciais. Cada unha destas pezas pictóricas leva engadida unha placa informativa co nome completo dos presidentes provinciais, a data do seu mandato e o nome do autor da obra.
A serie arranca co retrato de José Benito Pardo Rodríguez, que estivo en tres períodos entre 1901 e 1931; para continuar cos correspondentes a Francisco Plácido Donapetry Iribarnegaray, que estivo entre 1927 e 1929; José Sánchez Gacio, que ocupou o cargo entre 1932 e 1934; e Octavio García Fernández, que estivo ata 1936. Xa na democracia, figuran os retratos de Luís Cordeiro Rodríguez, que estivo na presidencia da Deputación entre os anos 1979 e 1983; e Francisco Cacharro Pardo, do 1983 ao 2007.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Disfrutar da comida e das vistas do río desde o Restaurante da Maiorga

Seguinte Nova

Rocío Caamaño en concerto

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss