Inaugurada a exposición “Castelao grafista (facsímile)” na sede de Afundación en Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, foi o encargado de inaugurar a exposición “Castelao grafista (facsímile)” no Espazo+60 Afundación de Monforte, que estará aberta ata o 7 de outubro.
Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Bos Aires, 1950) constitúe o foco desta mostra que reúne unha ampla selección das múltiples facetas desenvolvidas por el. A intención deste proxecto é divulgativa, amosando a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares en países dos cinco continentes. A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA; tamén obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así e todo, pódense ver 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, tamén se pode ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.
(…) Castelao realiza comentarios gráficos descritivos da realidade e costumes galegos, pero pronto a súa obra adquire un ton de compromiso –ético,social,político– que nunca perderá, ata converterse nun dos principais ideólogos do pensamento nacionalista.Como figura central da cultura contemporánea galega e como auténtico impulsor dun proxecto nacional, propio e distintivo, non se é ecuánime perante Castelao, ao que con frecuencia se lle esixe máis que a ninguén, esperando que estea sempre na excelencia, na frescura, na sagacidade. (…) Fernández-Cid, Miguel, «Castelao grafista» en Castelao grafista, Real Academia de Bellas Artes de San Fernando / Fundación MAPFRE / Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Madrid, 2017.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu de forma telemática á Conferencia sectorial de Enerxía

Seguinte Nova

A Xunta axudará con 300.000 euros aos concellos para que auditen as súas redes de saneamento

Últimas noticias sobre CULTURA

A forza das tradicións populares

A estrea de “Rondallas” confirmou os prognósticos: o novo traballo de Daniel Sánchez Arévalo converteuse nun fenómeno de taquilla en Galicia, cunha
Ir aInicio

Don't Miss