O Alcalde considera que as obras de mellora da Lagoa do Parque de Cobas suporán “un antes e un despois” desta zona de Monforte

José Tomé Roca, acompañado polo Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, durante a visita para ver o avance das obras . Foto MONTERO.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, visitou as obras que se están a desenvolver para o acondicionamento e mellora da Lagoa do Parque de Cobas, que suporán, unha vez finalizadas, a posta en valor desta zona: “un proxecto que suporá un antes e un despois para a zona da lagoa da Pinguela e o parque de Cobas, que estaba degradada” )”, salientou o Alcalde. Con esta mellora, completarase unha ampla zona de recreo de preto de 3 hectáreas (30.000 m2).
En concreto, as obras abordan o acondicionamento da Lagoa do Parque de Cobas e a construción dunha nova presa desmontable, unha actuación que conta cun orzamento de perto de 700.000 euros a cargo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
“As obras que se están a desenvolver” explicou o rexedor municipal “consisten na execución dunha serie de actuacións ambientais na área de A Pinguela, para poñer en valor esa zona, o que leva consigo a recuperación da zona da lagoa con actuacións que habiliten un espazo para uso e disfrute da poboación”. O proxecto leva a cabo o acondicionamento da Lagoa do Parque de Cobas, a construción dun paseo que conformará un circuíto ó seu arredor e a instalación dunha nova presa desmontable.
Na súa intervención, José Tomé manifestou a súa satisfacción pola consecución deste proxecto “logo dun longo traballo de xestións que agora se converten en realidade”. Neste senso, o Alcalde explicou que “houbo que sortear moitas dificultades dende que no ano 2016 a forza da auga rompera o vello AZUD da Pinguela, dificultades que puxo a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, que nos fixo modificar o proxecto e iso levou consigo un retraso de máis dun ano na licitación deste proxecto.”
Neste senso, dende a rotura da vella presa da Pinguela en 2016, o Concello empezou as xestións para repoñer esa presa, co obxectivo de que nese entorno no que se estaba xa condicionando o novo parque de Cobas, houbera unha lámina de auga que lle da unha mellor presencia ó paso do río Cabe por esa zona.

OBRAS A BO RITMO
O Presidente da C.H. Miño-Sil anunciou que “as obras avanzan a bo ritmo e a estimamos que finalicen a finais de outubro”. As obras deron comezo a finais do pasado mes de xuño.
Quiroga tamén destacou “que esta actuación rexenerará unha zona do río Cabe que conta cun cauce importante e que estaba totalmente degradada, e que será posta en valor, para o disfrute dos veciños de Monforte e dos visitantes da cidade”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación de Lugo investiu máis de 175.000€ na mellora da estrada do Torno a Gorgonzo, no Saviñao

Seguinte Nova

Luís Cota incorporase á concentración da Federación Española

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss