O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu de forma telemática á Conferencia sectorial de Enerxía

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, defendeu hoxe que as comunidades autónomas sexan coñecedoras das medidas de aforro enerxético que o Goberno vai trasladar a Europa no Plan de Continxencia para constatar que haxa consenso e acordo.
Conde participou hoxe na Conferencia sectorial de Enerxía, onde reclamou que se teña en conta ás comunidades autónomas antes de pechar ese documento. “Ata o de agora o Goberno acertou cando escoitou á Xunta de Galicia —dixo— e nós esperamos que, igual que rectificou no IVE do gas e a electricidade e nas medidas que se van aprobar para as empresas de coxeración, volva acertar adoptando as propostas que lle estamos trasladando”.
Esas propostas, segundo apuntou, pasan por “rectificar e que as medidas que hoxe son obrigatorias pasen a ser recomendacións para as familias, para as empresa e para o comercio” que, no caso das administracións deben ser de obrigado cumprimento. Tamén por establecer un prezo eléctrico estable, como a Xunta lle vén pedindo en reiteradas ocasións, que axude aos grandes consumidores industriais a seguir adiante e que garanta a actividade e os postos de traballo. E, xunto con isto, Conde lembrou a necesidade de “acelerar medidas” desde o punto de vista da axilidade administrativa e no eido da planificación eléctrica 2021-2026 para impulsar o desenvolvemento das renovables.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Desde a Secretaria de Acción Sindical de CCOO ven con preocupación os datos do paro do mes de agosto

Seguinte Nova

Inaugurada a exposición “Castelao grafista (facsímile)” na sede de Afundación en Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss