Os viños galegos con denominación de orixe son os que máis incrementaron no 2021 o seu valor a nivel nacional na alimentación e na hostalería

Os viños galegos son os que máis incrementaron o seu valor a nivel nacional na alimentación e na hostalería no 2021. Así o reflicte o informe “O mercado español dos viños galegos: Alimentación e hostalería”, elaborado pola multinacional Nielsen en colaboración co Goberno autonómico e cos consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas.
Deste xeito, o valor dos viños galegos aumentou no ano 2021 un 9% con respecto ao 2020 e máis dun 15% con respecto ao prezo do 2019, na canle da alimentación. Este dato converte a nosa comunidade na líder neste eido, cunha vantaxe significativa con respecto a outros territorios. No estudo tamén se recolle a evolución do reparto das vendas de viño con DO de Galicia na hostalería e na restauración. Neste sentido, apréciase un incremento da porcentaxe de venda na canle de alimentación (pasouse do 39,9% no 2019 ao 52,8% no 2021). Os viños galegos con DO acadaron no ano 2021 unha cota de mercado no ámbito nacional (dentro do sector da hostalería) do 8,1% canto ao volume de vendas e do 9,7% en valor. Situáronse así por riba de territorios como Cataluña, Aragón, Navarra ou Castela a Mancha, sendo unicamente superados por Castela e León e La Rioja. . No que atinxe ao ámbito da nosa comunidade autónoma, dentro de Galicia a de Rías Baixas é a denominación líder tanto no eido alimentario coma no hostaleiro, seguida de Ribeira Sacra na alimentación e de Valdeorras na hostalería. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O 15 de setembro é a data recomendada para o comezo oficial da vendima na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Os socialistas lucenses comprométense “a seguir traballando día a día para mellorar a vida dos lucenses”

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss