Somos moitos os monfortinos que soupemos do Camiño de Inverno grazas ao traballo tenaz de Aida Menéndez. E diso fai xa moito tempo, cando non era tan sinxelo nin investigar, nin comunicar os froitos do seu traballo. Hoxe o Camiño de Inverno é unha alternativa coñecida ao Camiño Francés, e que cada día conta coa presenza de máis peregrinos. Un logro, que en boa medida débese ao traballo de Aida Menéndez.
E aínda que temos a pésima costume de honrar aos nosos logo da súa morte, canto mellor nos iría si o fixésemos en vida, o certo é que o pasado día tres de setembro Aida Menéndez for merecidamente homenaxeada, nuns actos que contaron coa asistencia de boa parte da clase política galega, co Presidente da Xunta á cabeza, quen agradeceu o traballo a prol do Camiño de Santiago que realizan de forma altruísta cada día moitas persoas e que contribúe ao gran éxito da Ruta Xacobea.
Persoas como Aida. .
A homenaxeada foi presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra e levou a cabo un intenso labor de estudo sobre a historia e o itinerario desta ruta de inverno. Ademais, colaborou co grupo de historiadores e investigadores que redactou o proxecto de recuperación deste trazado do Camiño.•
Últimas noticias sobre PORTADA
Centos de viticultores, adegueiros e representantes institucionais concentráronse o pasado venres 6 de setembro diante da
Wedway, operador ferroviario do grupo MSC, comeza a operar, xerando emprego para cinco operarios locais A
O 11 de agosto comezan as Festas Patronais de Monforte 2024, unha celebración que promete encher
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou nunha rolda de prensa a comezos desta semana
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, manifestou a súa confianza en que