Xa está aberto o prazo de solicitude das axudas do concello de Monforte a Asociacións para actividades desenvoltas no ano 2022

O Concello de Monforte ven de anunciar a apertura do prazo de solicitude das subvencións municipais destinadas a Asociacións culturais, lúdicas, recreativas ou formativas, sen ánimo de lucro e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, para actividades realizadas no exercicio 2022.
A contía destinada a estas subvencións ascende a 12.000 euros, e o importe de cada subvención non poderá superar os 1.000 euros, nin o 70% do investimento subvencionable por cada anualidade.

PRAZO ABERTO ATA O 23 DE SETEMBRO
As asociacións interesadas terán de prazo ata o 23 de setembro para presentar as súas solicitudes. Unha vez concedidas as diferentes subvencións, o prazo para xustificalas será ata o 9 de decembro de 2022.
O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “o que pretendemos, con esta liña de axudas, é seguir apoiando a labor das nosas asociacións, e por iso, decidimos manter o mesmo importe que destinamos no 2020 e no 2021 para este tipo de axudas, 12.000 euros, a fin de apoiar actividades que son imprescindibles para o desenvolvemento cultural da nosa cidade, como son charlas, coloquios, conferencias, publicacións, concertos, eventos, etc.”.

PROXECTOS CULTURAIS
A finalidade das axudas será contribuír ao financiamento de programas, proxectos ou actividades culturais levadas a cabo por Entidades e Asociacións sen ánimo de lucro no Concello de Monforte de Lemos no exercicio 2021.
Non serán subvencionables os gastos de reforma e acondicionamento de locais, vestiario, actividades con ánimo de lucro ou calquera outro gasto non relacionado co proxecto presentado. Así mesmo quedan excluídas desta convocatoria as axudas a festas patronais, comidas e eventos relixiosos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta axudará con 300.000 euros aos concellos para que auditen as súas redes de saneamento

Seguinte Nova

AS CORES DO OUTONO

Últimas noticias sobre AXUDAS

A %d blogueros les gusta esto: