Continúan as visitas guiadas ao Horreum Romano de Proendos

Alumnos de 4º a 6º do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober. Foto GCCS.

O pasado 27 de setembro, coincidindo co Día Mundial do Turismo, o concello de Sober organizou en colaboración coa Xunta e Tempos Arqueólogos, unha visita guiada ás escavacións arqueolóxicas no hórreo romano de Proendos. Os primeiros en achegarse foron os alumnos e alumnas de 4º a 6º do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober, para recibir as explicacións do arqueólogo director das escavacións, Francisco Alonso. Xa pola tarde, as visitas estiveron abertas ao público en xeral.
Procede lembrar, que as escavacións do horreo romano de Proendos, viñeron a confirmar, tanto a memoria dunha comarca, que sempre mantivo na súa memoria a existencia dunha antiga vila chamada Proencia, como os posteriores traballos arqueolóxicos levados a cabo por Ronsel Arqueoloxía e Patrimonio en colaboración con SOT Archaeological Prospection, con xeorradar e prospección magnética. Foi no ano 2020 chegaron, por fin, as primeiras escavacións cando o equipo de expertos descubriu as que poderían ser as verdadeiras dimensións do celeiro e a súa importancia. “A estrutura é moi singular porque a base do edificio son sete muros paralelos que axudan á circulación do ar. O do medio é máis groso, quizais para soster as columnas dunha cuberta a dúas augas. Hai que imaxinar que falamos do que podería ser unha construción de seis metros de altura e quince metros de longo. Podería ter incluso un segundo piso. Para atopar algo similar temos que ir ata Estremadura ou ao sur do Douro, en Portugal”, explica o arqueólogo Francisco Alonso.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O escritor Xabier Quiroga Díaz será o encargado do pregón da primeira edición da Festa da Vendima

Seguinte Nova

Monforte presenta a súa programación teatral para o segundo semestre do ano

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: