A Xunta proxecta un polígono agroforestal en Bóveda para poñer en valor case 52 hectáreas

• O conselleiro do Medio Rural mantivo un encontro cos veciños implicados no que será o futuro polígono de iniciativa pública do Val de Lemos

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, nun encontro cos veciños implicados no que será o futuro polígono de iniciativa pública de Val de Lemos. GPXG.

A Xunta traballa no desenvolvemento dun polígono agroforestal no concello de Bóveda, que actualmente está en fase de actuacións previas. Unha vez rematado, suporá a mobilización de case 52 hectáreas, dividido en 292 parcelas correspondentes a 200 propietarios. Así o destacou o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, nun encontro cos veciños implicados no que será o futuro polígono de iniciativa pública de Val de Lemos.
O conselleiro sinalou que este tipo de iniciativas póñense en marcha en aplicación da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, co fin de recuperar grandes espazos produtivos segundo o tipo de cultivo máis acaído ou de maior tradición en cada zona. O obxectivo é dinamizar o territorio e xerar actividade económica. Isto, para facilitar que siga sendo posible vivir no e do rural e para anticiparse aos lumes, evitando que se rexistren ou, en todo caso, para minorar o seus efectos, salientou o conselleiro.
Ademais dos polígonos, a Xunta está a apostar por outras figuras para recuperar e valorizar a terra agraria, entre as que cómpre destacar as aldeas modelo, que pretenden recuperar as contornas de núcleos de poboación, como as xa aprobadas e rematadas aldeas de Parada dos Montes, na Pobra do Brollón (de 15,55 hectáreas) e a de Trascastro, no concello do Inicio (14 ha de superficie). Tamén están aprobadas a de Moreda, en Folgoso do Courel (38,86 hectáreas); Bustelo de Fisteus, no concello de Quiroga (12,68 hectáreas) e Francos de Proendos, no municipio de Sober (12,87 hectáreas).
Por último, José González tamén aludiu á aldea modelo de Vilela, en Navia de Suarna, que se atopa en fase de recollida de sinaturas e conta cunha superficie de 47,83 hectáreas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Perto de 2,5 millóns de euros para a mellora dos Paradores de Monfote e Santo Estevo

Seguinte Nova

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) celebra o seu 25 aniversario

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss