Augasmestas acolleu o Campionato Galego de piragüismo K2 en categorías inferiores

Imaxe dunha das regatas celebradas en Augasmestas. Foto CQ.

O concello de Quiroga acolleu durante a mañá do pasado sábado 24 de setembro o Campionato Galego de K2 para as categorías prebenjamín, benjamín e alevín, no que participaron máis de 350 deportistas en representación de 20 clubs. A clasificación xeral da regata terminou con Club Confraría de Pescadores Portonovo en primeira posición con 4316 puntos, seguido en segunda posición con 2846 puntos polo Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, o terceiro posto con 2415 puntos ocupouno o Fluvial de Lugo. O evento foi un rotundo éxito organizativo, que ademais contou coa presenza de numeroso público, que se achegou ás beiras do Sil, animados polo bo tempo que acompañou ó campionato.
O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o concelleiro de deportes, Andrés Novoa, disfrutaron da animada competición e encargáronse da entrega de medallas aos gañadores.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novo obradoiro dual de emprego para acondicionar zonas verdes da Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio

Seguinte Nova

A unidade móbil do programa Coidados porta a porta no Concello de Quiroga

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: