Avanzan os traballos de mellora da vía LU-617 entre Monforte e Escairón

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias xunto cos alcaldes de Pantón e O Saviñao, durante a visita á obra de mellora da estrada entre Monforte e Escairón, . Foto GPXG.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou a marcha das obras de mellora da estrada autonómica LU-617 entre Monforte de Lemos e Escairón (O Saviñao), que xa se atopan na fase de extensión da nova capa de rodaxe.
As obras céntranse no acondicionamento de 11,5 quilómetros desde a glorieta na que conecta a vía de altas prestacións CG-2.2, no punto quilométrico 1,5, ata a intersección coa estrada LU-615 en Escairón, no punto 13.
Arias confirmou que os traballos avanzan a bo ritmo, polo que estimou que poderán finalizar no mes de outubro sempre e cando as circunstancias climatolóxicas sexan favorables.
O proxecto contempla a realización de fresados localizados e reposición do pavimento a carril completo nas zonas deterioradas. Tamén se inclúe un reforzo do firme cunha nova capa de rodadura con mistura bituminosa en quente na totalidade do treito.
O delegado explicou que a actuación forma parte dun contrato para acondicionar o pavimento nas estradas LU-617, LU-611 e LU-603 ao seu paso polos concellos de Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Bóveda.
A intervención completarase cunha serie de actuacións para mellorar a seguridade e as prestacións das tres vías autonómicas, como a instalación de sinalización horizontal, tacos de resalto, captafaros, barreira de seguridade ou cunetas.
A Xunta inviste 1,5 millóns de euros nestas obras, que suporán a mellora do firme nun total de 17 quilómetros das tres estradas. Os traballos comezaron no mes de xullo e contan cun prazo de execución estimado de seis meses.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Club Calasancio de Monforte cumple 50 anos

Seguinte Nova

Os traballos no xacemento de Penas do Castelo sacan á luz unha entrada monumental

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss