Chantada acolleu a exposición “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Galicia”

A Vicepresidencia da Deputación leva a Chantada a exposición sobre os 50 anos da apertura como museo da Casa de Rosalía. Foto GPVDL.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, inauguraron o pasado 20 de setembro en Chantada a exposición “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Galicia”, que nos últimos meses está a percorrer a xeografía lucense co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A Praza do Mercado acollerá ata o vindeiro 3 de outubro esta mostra que relata a historia da compra, restauración e musealización da Casa da Matanza de Padrón, onde Rosalía de Castro pasou os últimos anos da súa vida. A vivenda, abriuse o público por primeira vez en xullo de 1971, en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. O Patronato Rosalía, creado en 1947, convertiuse en refuxio do galeguismo, con actos, como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran auténticos encontros de afirmación galeguista. Nin sequera o franquismo puido facerlle fronte á vontade popular de recuperar esta Casa. e nos seguintes meses completouse a musealización inicial, incorporando, entre outros elementos, mobiliario cedido pola familia de Rosalía de Castro.
A exposición chega Chantada tras pasar por Lugo, Monforte, Ribadeo, Foz e Vilalba. Unha itinerancia que a vicepresidenta da Deputación de Lugo valorou como “unha mostra de colaboración entre as distintas institucións e o asociacionismo para reivindicar a Rosalía de Castro como referente cultural pero tamén como muller comprometida socialmente e pioneira do feminismo” e animou á veciñanza da vila e da comarca “a achegarse a exposición, que dá conta do poder mobilizador da figura de Rosalía e da súa obra en pleno franquismo”.
O presidente da Fundación Rosalía de Castro Anxo Angueira aproveitou a súa intervención para afondar nos contidos dos paneis da mostra: textos e reproducións de documentos e fotografías que marcan os fitos que converteron a apertura da Casa da Matanza nunha “vitoria común” do galeguismo e que se presentan nunha estrutura que evoca distintas estancias dunha casa.
A mostra, comisariada por Pepe Barro, autor da última renovación museolóxica da Casa-Museo de Rosalía de Castro, artéllase en seis capítulos:

  • A casa e o tren: o porqué da elección da morada.
  • Rosalía na Casa: a escritora vive alí entre 1882 e 1885.
  • Unha Casa santuario: as iniciativas da compra entre 1900 e 1940.
  • A causa da Casa: Xosé Mosquera e a compra en 1946.
  • O Padroado da Casa: Galeguistas, progresistas e “ben vistos”.
  • A Casa de Galicia: Entre 1971 e 1972, ábrese a Casa coas achegas de miles de galegas e galegos.
    A itinerancia da exposición enmárcase na programación que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo ven desenvolvendo para divulgar e poñer en valor a obra de Rosalía de Castro e que inclúe representacións teatrais e intervencións artísticas en diferentes localidades da man de asociacións e centros educativos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Fernando Carlos Rodríguez elixido presidente dos populares sarriaos logo dun axustado resultado

Seguinte Nova

Sarria rende homenaxe á memoria de Iván Tourón coa Mostra de Teatro que leva o seu nome

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: