Comezan os traballos de construción do novo pilar da ponte de Piñeira

• O Alcalde de Monforte, José Tomé, anunciou que os traballos estarán rematados na súa totalidade, si as circunstancias do tempo o permiten, aproximadamente a finais do mes de outubro.

José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, na visita aos traballos de construción do novo piar da ponte de Piñeira. Foto GPCM.

Logo da alarma causada a finais do pasado mes de xuño, cando se descubriu unha importante deficiencia na ponte da parroquia monfortina de Piñeira, cun dos seus piares desprazados, a ponte quedou pechada ao tráfico e a peóns, e o Concello contratou á empresa Extraco para que avaliase os danos e elaborase unha proposta de solución. Estes traballos xa se completaron, e xa se iniciaron as obras que conducirán á substitución do piar. O Alcalde, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, visitou a posta en marcha dos traballos. “Tras seren executados os correspondentes traballos de enxeñería a cargo da empresa Extraco e do director de obra designado polo Concello, traballos necesarios para determinar a situación do piar da ponte e para darlle unha solución á deficiencia detectada, nos próximos 5 días levarase a cabo a colocación de micropilotes nunha profundidade de 9 metros para estabilizar o terreo e proceder á construción do novo pilar”, subliñou o Alcalde.
O rexedor monfortino tamén anunciou que os traballos estarán rematados na súa totalidade, si as circunstancias do tempo o permiten, aproximadamente a finais do mes de outubro.
Dado que as obras son contratadas por emerxencia, o custe das actuacións estímase segundo os técnicos, en 200.000 euros máis ive, o que ascenderá a 242.000 euros aproximadamente.
-”Unha vez estean rematadas as obras de arranxe da ponte de Piñeira”, concluíu o Alcalde, procederemos ó restablecemento do tráfico de vehículos e de persoas, previsiblemente en novembro, unha vez que estea endurecido o novo piar”.

Diagnose
Deste xeito, os traballos de enxeñería mencionados polo Alcalde, comprenderon a inspección da ponte, así como o levantamento topográfico do cauce, a elaboración dun estudo hidrolóxico, a emisión dun informe xeotécnico e o correspondente proxecto técnico da reconstrución do pilar afectado.
En concreto, os informes emitidos indican que se produciu un descalce da cimentación que provocou un asento e un xiro do pilar, que tivo como consecuencia a perda de apoio entre o taboleiro e dito pilar.
Esta perda de apoio “obrigou ó corte da vía, xa que o vano resultante conta co dobre de luz que os vanos iniciais, non tendo a capacidade estrutural necesaria para soportar as cargas do tráfico, nin estando garantida a capacidade estrutural baixo o propio peso”, indica o informe.

Reposición do piar
Unha vez analizada a situación da ponte, os traballos que se están a levar a cabo para a reparación da ponte son os seguintes.
1.- Desvío do cauce a través dos vanos da marxe esquerda do río Cabe.
2.- Formación de plataforma de traballo, con recheo de escollera.
3.- Colocación de cimbra de apeo do taboleiro.
4.- Execución da cimentación profunda mediante micropilotes e encepado, nunha profundidade de 9 metros para estabilizar o terreo, sobre a que se construirá de novo o piar, coa mesma forma dos piares existentes.
5.-Reposición ao estado inicial do cauce do río Cabe.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Vicepresidencia da Deputación conmemorou o 120 aniversario do nacemento de Maruja Mallo coa proxección dun documental e un coloquio sobre a súa traxectoria vital e artística

Seguinte Nova

Eugenia Martínez do Golf Río Cabe, Campioa de Galicia de Pitch&Putt

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss