Dous novos obradoiros de emprego para o sur de Lugo: Restauración e arquivo dixital en Monforte e Camiño de Santiago III en Sarria

Foto GPXG

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina 2,5 millóns de euros a financiar cinco novos obradoiros duais de emprego na provincia tras aprobar unha ampliación do crédito da convocatoria de 2022, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). Así o anunciou o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, quen explicou que este incremento posibilita dous programas individuais – Restauración e arquivo dixital en Monforte de Lemos e Camiño de Santiago III en Sarria – e tres compartidos – Vía Künig IV, impulsado polo concello de Becerreá asociado con As Nogais e Baralla; Ponte de Areas VI, que comparte O Páramo con Guntín e O Corgo; así como Eo-Navia III, que promove A Pontenova coa Fonsagrada e Negueira de Muñiz -. ada iniciativa percibirá 503.987€ e contará con 20 prazas para o alumnado, ademais das destinadas a persoal de dirección, administración e docentes. “Deste xeito a Xunta aproba todas as solicitudes presentadas na provincia de Lugo”, subliñou Arias, quen lembrou que na primeira fase, resolta en xullo, xa foran concedidos 16 obradoiros por valor de de 8,2 M€. “Finalmente a provincia contará con 21 novos talleres que suman 10,7 millóns de euros e benefician a 57 concellos, o 85% dos municipios lucenses”, apuntou.
A súa posta en marcha suporá a contratación de 420 persoas desempregadas que recibirán formación durante un ano, xa que unha das principais novidades é que a duración da actividade aumenta dos 9 aos 12 meses.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Programa Activa de Monforte oferta un ambicioso e completo programa de actividades

Seguinte Nova

O Concello de Monforte convoca axudas á participación de clubs e deportistas locais en campionatos deportivos

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: