Os días 17 e 18 de setembro tivo lugar no magnífico campo de Tambre Golf o Campionato de Galicia Individual de Pitch&Putt masculino e feminino, no que participaron case un centenar de xogadores/as.
A competición desenvolveuse cunha fantástica meteoroloxía e nun ambiente distendido, pero ao mesmo tempo competitivo e con moita igualdade nos resultados.
En categoría feminina na primeira xoranada, cabe destacar a actuación da xogadora xuvenil do C.G. Val de Rois e campioa galega de Pitch&Putt 2020 e 2021, Marta Vázquez Muñiz, que finalizou a primeira rolda cun resultado de 55 golpes (1 sobre par), deixando empatadas na segunda posición con 7 golpes máis á xogadora de Tambre Golf, Rosa Prado Puga e á tricampióna/tricampioa galega (2013, 2016 e 2019) Mª Eugenia Martínez Oriola, do C.G. Río Cabe. A segunda e definitiva xornada de competición foi realmente emocionante, pois os líderes da primeira rolda, tanto en categoría masculina como fminina, non tiveron o seu mellor día, dando máis opcións aos demais para alcanzarlles. Así as cousas, Raul Asegurado, a pesar de asinar unha segunda tarxeta de 56 golpes (2 sobre par) para un total de 101 golpes brutos, fixo valer a súa vantaxe do primeiro día e impúxose a Daniel Varela e Teodoro Fernández, que presionaron todo e máis conseguindo empatar ambos os na segunda posición con senllas voltas de 52 e 53 golpes respectivamente para un total de 102. O desempate entre ambos se resolvería a favor de Daniel Varela por mellor segundo día.
A competición feminina tamén estivo moi rifada ata o final. A líder do primeiro día Marta Vázquez, a pesar de dar golpes de gran calidade, non aguantou a presión e finalizou a segunda rolda cun resultado de 68 golpes para un total de 123, o que a deixou en segunda posición a dous golpes da veterana Mª Eugenia Martínez que finalizou con 121 golpes brutos levándose o título por cuarta vez de Campioa Galega de Pitch&Putt.
A entrega de premios, celebrada o domingo tras a competición, estivo presidida polo vogal do Comité de Pitch&Putt da Federación Galega de Golf, Rubén García, o alcalde de Oroso, Luís Rey, a xerente de Tambre Golf, Begoña Corral, a xerente da F.G.G., Elena Gómez, e Manuel Espiñeira, árbitro da proba.•
Últimas noticias sobre DEPORTES
O pasado 28 de xullo, Monforte de Lemos acolleu a terceira proba da Copa Galicia de
Coa ilusión por facer unha tempada mellor ca pasada, menos sufrida, e con poucas caras novas
Vén de rematar a 18ª edición do Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta
O sábado 7 de setembro, a Pobra do Brollón acollerá a terceira edición do Trail e
O pasado 28 de xullo celebrouse o Torneo Concello de Sarria Individual de Golf, que pechou