Chegou o outono, e con él, ademais dos comezos dos cursos escolares, preséntanse moitas das programacións culturáis dos concellos para o último tramo do ano. Unha das máis esperadas é a programación teatral, que vén de presentar recentemente a Concellería de Cultura de Monforte para estes últimos tres meses do ano, logo de rematar o Verán Cultural. Seis representacións de compañías profesionais dirixidas tanto a público adulto como infantil e familiar, conforman esta programación. Unha delas, «Formigas no peto» de Ítaca Teatro xa se representou onte na Casa da Cultura Lois Pereiro. Polo que aínda quedan cinco oportunidades para disfrutar do arte escénico do teatro. O calendario é o seguinte: para público adulto:
• «El caballero incierto» de Producciones Come y calla, o xoves 6 de outubro, 20:15 horas, Edificio Multiusos.
• «Morgana en Esmelle» da compañía Sarabela Teatro, o xoves 27 de outubro, 20:15 horas, Edificio Multiusos.
• «Morte accidental dun anarquista» da compañía Talía Teatro, o xoves 10 de novembro, 20:15 horas, Edificio Multiusos.
• «1888. A señorita Xulia» da compañía Estudo Momento, o xoves 24 de novembro, 20:15 horas, Edificio Multiusos.
O prezo das catro obras do Edificio Multiusos será de cinco euros a entrada xeral e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados
Para público infantil e familiar:
• «Alquimia», do Mago Teto, o domingo 4 de decembro, ás 18:00 h. no Edificio Multiusos, para público infantil e familiar, e con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.
O Alcalde, José Tomé Roca, “tras o éxito do programa das Festas Patronais e do Verán Cultural, animo ós monfortinos e monfortinas a que acudan a disfrutar desta programación de teatro do Concello de Monforte para o segundo semestre deste ano, que da continuidade ó noso calendario cultural de actividades”.•
Últimas noticias sobre CULTURA
Técnicos de enxeñaría e mantemento do taller de Ourense visitaron o Museo do Ferrocarril en Monforte
Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, ofrecía a pasada semana un recital na Casa da
O domingo 13 de outubro estreouse o segundo capítulo da serie documental “Caminos de Sefarad, Diario
A 14ª edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico 2023-24 permanecerá exposta na Casa da
O Esmorga Fest, que se celebrará en Sarria esta fin de semana de outubro, vén de