Novo obradoiro dual de emprego para acondicionar zonas verdes da Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio

Foto GPCAPB.

O pasado luns 19 de setembro deu comezo unha nova edición do Obradoiro dual de Emprego ‘A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio’. O acto de presentación foi celebrado e na Casa da
Cultura da Pobra do Brollón, o concello promotor da presente edición do obradoiro, tras asinar convenio con Bóveda e O Incio.O obradoiro de emprego realízase grazas a unha subvención de 503.987,00€ da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, co obxectivo de que persoas traballadoras desempregadas reciban cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo de utilidade pública ou interese social.
Ao longo dos vindeiros 12 meses, un total de vinte alumnos, xunto con tres monitores e a directora, recibirán formación e levarán a cabo traballos para crear e acondicionar zonas verdes de titularidade municipal, así como mantemento de rutas de sendeirismo nos tres municipios implicados.
Ao remate, os participantes recibirán un certificado de profesionalidade na especialidade de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría, complementado cun módulo formativo en operacións auxiliares en tratamentos
silvícolas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os traballos no xacemento de Penas do Castelo sacan á luz unha entrada monumental

Seguinte Nova

Augasmestas acolleu o Campionato Galego de piragüismo K2 en categorías inferiores

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: