O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de anunciar a posta en marcha dunha nova liña de axudas que contribuirá a que os clubes monfortinos poidan acudir ás distintas competicións nacionais e internacionais, así como a axudar a aqueles clubs que xa participaron nalgunha destas competicións, durante este ano 2022, concretamente entre o 1 de xaneiro e o 14 de outubro.
“Conscientes do bo momento polo que está a atravesar o deporte monfortino, onde son varios os clubs que se clasifican para participar en campionatos de España, de Europa e mesmo do mundo, e conscientes tamén do esforzo económico que isto supón para os club implicados, dende o Equipo de Goberno poñemos en marcha unha nova liña de axudas dirixidas a sufragar gastos pola participación de clubs de Monforte en Campionatos de España, de Europa e do mundo durante o ano 2022”, subliñou o Alcalde.
Trátase dunha liña de axudas que se concederá polo procedemento de concorrencia non competitiva ós clubs que cumpran co requisito de ter participado no Campionato de España, de Europa ou do mundo no ano 2022, sen necesidade de que as solicitudes se comparen entre elas.
“Esta convocatoria”, explica o Alcalde, “ten por finalidade o fomento e a promoción do deporte monfortino no seu ámbito deportivo e competitivo e para elo destinamos un crédito de 12.000 euros”.
As cuantías das axudas van desde os 1.000 € aos 2.000 € nas modalidades deportivas de equipo, e entre 200 € e 2.000 € nas modalidades individuais.
Os interesados poderán presentar ata tres solicitudes de subvención, sempre e cando sexan pola participación en campionatos de diferente ámbito xeográfico ou territorial (España, Europa, mundial).
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 14 de outubro de 2022.•
Últimas noticias sobre AXUDAS
A Xunta de Galicia destinará en 2023 un orzamento total de 1,73 millóns de euros ás
A Xunta de Galicia abrirá o vindeiro 2 de xaneiro o prazo para a presentación de
Os Multicines Hollywood son un dos beneficiarios polos máis de 500.000 euros en axudas para a
Un ano máis e xa van seis, o Concello de Mónforte vén de convocar o Programa
• Co Plan Forestal 2021-2040 se potenciará a repoboación con masas de coníferas en ata 20.000