O Programa Activa de Monforte oferta un ambicioso e completo programa de actividades

• De entre os cursos ofertados, destacar o de Competencias dixitais para uso cotiá para persoas maiores

A primeira Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada Rodríguez, acompañada pola coordinadora de Servizos Sociais do Concello, Luz Méndez Castro, deu a coñecer en rolda de prensa a posta en marcha dunha nova edición do Programa Activa.
“Tras de dous anos de ausencia”, explicou Gloria Prada, “nos que tivemos que suspender este programa pola pandemia da Covid-19, por fin volvemos a el con ganas, entusiasmo e alegría, porque este programa está especialmente pensado para os nosos maiores”.
“O colectivo de persoas maiores foi o máis afectado pola pandemia, por iso a volta deste Programa Activa, tanto para o Alcalde como para o Equipo de Goberno, merece un anuncio ó grande, xa que foi un dos principais compromisos asumidos por este e tamén somos conscientes do desexo que ten a cidadanía de Monforte de que se retome este programa”.
Deste xeito, a Tenente de Alcalde, anunciou que o Programa Activa comezará as súas actividades a principios do mes novembro e se estenderán ata o 30 de xuño, nun total de 8 meses, “un ambicioso e completo programa que sempre estivo presente na liña de traballo deste Alcalde e deste Equipo de Goberno”.
O prazo de inscrición tanto para actividades no Centro Cívico como nas parroquias permanecerá aberto dende hoxe e ata o 11 de outubro.
Gloria Prada explicou que os obxectivos que se marca este Programa Activa, dirixido ós veciños e veciñas de Monforte son, “por unha banda, promover o envellecemento activo e, por outra, mellorar a calidade de vida das persoas maiores”.
No Programa Activa dáse prioridade de participación “ós maiores de 55 anos, que son os que máis precisan deste tipo de actividade para volver á normalidade, e gozar dunha vida máis saudable e independente” sinalou a Tenente de Alcalde.
Gloria Prada destacou “o aumento do número de prazas nas actividades máis demandadas e consolidadas, ofertándose un total de 510, entre as que haberá prazas para persoas discapacitadas. Esta ampla oferta de prazas nos permitirá tamén ampliar o número de grupos”.
En canto as actividades ofertadas, a Tenente de Alcalde destacou coma novidade que “o curso de Competencias dixitais para uso cotiá, no que ensinaremos ás persoas maiores como manexar as novas tecnoloxías dixitais, procurando que manteñan a súa mente activa, tentando eliminar a fenda dixital interxeracional e reducir as desigualdades que isto provoca”.
Como en anos anteriores, todas as actividades son gratuítas para os veciños e veciñas de Monforte, e están subvencionadas ó 100% polo Concello monfortino. Haberá actividades no centro cívico e nas parroquias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada, Monforte e Folgoso do Courel protagonistas de proxectos culturais ao amparo do Fondo Territorio Cultura

Seguinte Nova

Dous novos obradoiros de emprego para o sur de Lugo: Restauración e arquivo dixital en Monforte e Camiño de Santiago III en Sarria

Últimas noticias sobre SALUD

A %d blogueros les gusta esto: