• O presidente de Paradores, Pedro Saura, destaca a necesidade de preservar o rico patrimonio arquitectónico que posúe Paradores. “É un dos nosos principais activos dun crecente turismo cultural que se debe potenciar moito máis»
O Goberno de España investirá 23,6 millóns de euros na rehabilitación, mantemento e embelecemento do patrimonio histórico da rede de Paradores de Turismo en Galicia, un orzamento que procede do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado cos fondos Next Generation EU. As actuacións previstas levarán a cabo nos Bens de Interese Cultural (BIC) dos paradores de Baiona, Ferrol, Monforte de Lemos, Santiago de Compostela, Santo Estevo e Vilalba.
“España conta cun inmenso patrimonio histórico dentro da rede de Paradores de Turismo, monumentos abertos ao público polos que aposta o Goberno cun investimento histórico para a súa mellora e mantemento que gozarán turistas, e tamén residentes. Un investimento no patrimonio de todos, como as que estamos a financiar grazas ao Plan de Recuperación nas Cidades Patrimonio da Humanidade, nos Camiños de Santiago e no Camiño Ignaciano”, subliñou o secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, na presentación do programa no Parador de La Granja de San Ildefonso (Segovia).
Os viaxeiros que elixen España como destino de turismo cultural creceron un 16% entre os anos 2016 e 2019. Tamén aumentaron un 3,5% os que, de maneira específica, visitan durante a súa estancia museos, monumentos, igrexas e pobos. “Sabemos que o valor histórico e artístico do noso patrimonio é un imán de atracción de turistas. Por iso investir en patrimonio é reforzar o atractivo turístico de España e da súa riqueza de destinos”, en palabras de Fernando Valdés.
MONFORTE E
SANTO ESTEVO
As actuacións previstas nos Paradores da nosa comarca son as seguintes:
- Parador de Monforte de Lemos: 1.271.823,33 €. Restauración muralla, torre, cornisas y fachadas. Iluminación monumental del exterior del edificio.
- Parador de Santo Estevo: 1.173.505,92 €. Rehabilitación de las fachadas del edificio. Iluminación monumental: del exterior y patio/claustro antiguo.
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, valora “o impulso do Goberno na conservación do patrimonio histórico da provincia” co investimento de 2,1 millóns de euros para diversas actuacións de mellora nos Paradores de Monforte de Lemos e Vilalba, declarados Ben de Interese Cultural (BIC). Dito orzamento procede do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado polos fondos Next Generation da Unión Europea.
A subdelegada destacou o compromiso do Goberno “coa preservación do patrimonio cultural da provincia de Lugo como ferramenta para potenciar o turismo responsable e o desenvolvemento económico do territorio, xerando emprego e ampliando a competitividade destes destinos turísticos”. Nesta liña, puxo en valor os Paradores de Monforte de Lemos e Vilalba, “dous monumentos que contan cun atractivo turístico incuestionable e consolidado nos últimos anos co aumento de visitantes nacionais e internacionais á Ribeira Sacra e á Terra Chá”.•