Volve o servizo «Concilia»en Sober

Xa está aberto o prazo de inscrición nos dous servizos de conciliación: madrugadores e ludotardes que o Concello de Sober volve poñer en marcha para este curso 2022/2023 dentro do servizo «Concilia» para a atención do alumnado antes e despois da xornada ordinaria lectiva de forma gratuíta para as familias. Trátase dun servizo de axuda ás familias dos alumnos matriculados neste curso no colexio de Sober que necesiten ou desexen que os seus fillos e fillas entren antes ou saian máis tarde do colexio. Os nenos participantes estarán atendidos por profesionais que coordinarán distintas actividades. O servizo de madrugadores atenderá aos escolares antes do horario ordinario e funcionará en horario de 7:45 a 9:30 da mañá. E xa polas tardes ofrecerase un servizo de ludotardes en horario de 15:45 a 17:30 horas. Desde o Goberno local recoméndase inscribir aos nenos aínda que non vaian facer uso do servizo de xeito regular, posto que cando precisen botar man del xa teñen os trámites feitos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A unidade móbil do programa Coidados porta a porta no Concello de Quiroga

Seguinte Nova

O problema da ocupación: quén lle porá o axóuxere ó gato?

Últimas noticias sobre SERVIZOS

A %d blogueros les gusta esto: