O Centro Cívico de Monforte acolleu o acto de clausura e a xornada Demo Day do VI Coworking Ribeira Sacra de Monforte no que se presentaron os 16 proxectos xurdidos das diferentes xornadas técnicas e formativas que deron comezo o pasado mes de xaneiro no centro de formación de A Pinguela. Os participantes recibiron formación para validar o seu modelo de negocio, en materias como “Lean Start Up: Avaliación e validación do teu plan de negocio”; “Crowfunding”, “Estratexias de comunicación en redes sociais”, “Creatividade e innovación“, “Como poñer en marcha un Plan de márketing dixital”, etc.
O acto de clausura contou coa presenza da Tenente de Alcalde, Gloria Prada, antes de que os 16 emprendedores protagonistas do Demo Day deran a coñecer os seus proxectos. Na súa intervención, sinalou que “é un orgullo e unha satisfacción tanto para o Alcalde coma para o Equipo de Goberno comprobar que na nosa cidade segue habendo ideas emprendedoras, e desexamos que tralo voso paso polo Coworking poidades levar adiante o voso proxecto de empresa. Tódalas edicións levadas a cabo ata agora do Coworking-Ribeira Sacra de Monforte foron un éxito, por iso confiamos en que esta no sexa a última edición e que sigan vindo outras“.
Gloria Prada salientou “unha das inversións mais produtivas que pode facer unha administración pública é investir no talento das persoas que teñen unha idea e que loitan por convertela nun proxecto de empresa útil para a sociedade. Atopámonos no interior de Galicia, onde é moi necesario crear postos de traballo e asentar poboación e así ter un crecemento económico. Deste xeito, as iniciativas empresariais que se dean no noso territorio son moi importantes. Por iso, o éxito das vosas iniciativas e de vós como emprendedores é un éxito para esta comarca de Lemos.” A Tenente de Alcalde rematou animando aos participantes a non perder o ánimo e a seguir loitando polas súas ideas e pola súa empresa ou negocio.
O Coworking-Ribeira Sacra de Monforte contou co apoio do IGAPE (Consellería de Economía e Industria), da Escola de Organización Industrial do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, do Fondo Social Europeo e do Concello de Monforte de Lemos. No acto de clausura participaron representantes do IGAPE e da EOI, en concreto, a Subdirectora da Oficina Galicia Emprende, Fany Suárez, e o Director da Área de Desenvolvemento de Pemes da Escola de Organización Industrial, Javier Benito.
Ffinalmente, déronse a coñecer os 16 os proxectos desta sexta edición do Coworking Ribeira Sacra e que se materializaron en empresas que xa están comezando a dar os seus primeiros pasos.•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
A industria pesqueira galega expándese con éxito en feiras internacionais As empresas galegas do sector pesqueiro
A apertura do polo de Sarria responde a uns dos compromisos adquiridos polo presidente da Xunta,
Grazas ás campañas de promoción e a participación en feiras internacionais, os produtos pesqueiros galegos baten
A feira, que impulsa a Deputación xunto a FADEMUR e Unións Agrarias, exhibe os produtos de
A Asociación de Criadores da Raza Porco Celta celebra o seu 25 aniversario, e reafirma o